Etiqueta: #A Estrada
-

Programado un torneo de fútbol 7 na Somoza
O 17 de xuño ás 15.30 horas comezará un torneo de fútbol 7 na parroquia da Somoza (A Estrada). Nel participarán equipos compostos por entre 8 e 12 xogadores de entre 16 e 35 anos. Os partidos constarán de dúas partes de 20 minutos cada unha e 5 minutos de descanso.
As inscricións poden realizarse desde a ligazón do seu perfil de Instagram.
Este non é o único torneo de fútbol que se vai producir no noso concello este ano, pois do 12 ao 30 de xuño celebraráse a AE League Reduce/AENOR
-

Comezan as inscricións da AE League, que se celebrará do 12 ao 30 de xuño
A AE League, unha competición de futsal para os adolescentes da Estrada, anunciou que o torneo celebraráse do 12 ao 30 de xuño no Pavillón Manuel Coto Ferreiro. As inscricións realizadas anteriormente, e das que demos conta neste medio, non son válidas, dado que só se trataba dun sondeo.
Os equipos deben ter entre 7 e 15 xogadores, que deben ser nados entre 2004 e 2008. A inscrición realízase desde un formulario dispoñible nas súas redes sociais e, tras recibir a confirmación por parte da AE League vía teléfono ou vía correo electrónico, cada xogador deberá aboar 3,50€ para poder xogar.
O torneo só terá unha división na que se farán 4 grupos de 4 equipos que se sortearán unha semana antes do inicio da AE League. Só clasificarán os dous primeiros de cada grupo para a seguinte fase.
Imaxe: AE League
-

Nace a AE League, unha liga amateur de fútbol sala para rapaces de 14 a 18 anos
Naceu no concello da Estrada a AE League, unha competición amateur de fútbol sala. A competición durará 2 semanas e nela poderán participar rapaces nados entre o ano 2005 e o 2008.
Tal e como explican nas bases do torneo, seguiránse as normativas FIFA e RFEF, exceptuando algunhas normas. Cada equipo constará de 15 xogadores como máximo, dos cales só se poderán empregar 12 por partido como máximo.
Calendario
Na primeira semana do torneo xogaránse encontros entre todos os equipos e, na segunda, serán as fases eliminatorias nas que a clasificación será determinada por puntos.
Os partidos serán de 2 tempos de 20 minutos e 10 de descanso. Ademais, previo acordo dos adestradores, poderánse facer 2 minutos de descanso en cada parte.
Inscricións
As inscricións poden realizarse desde a ligazón dispoñible na descrición da conta de Instagram do torneo (@aeleague_oficial). É necesario entregar á organización a lista que indique os nome e DNI ou pasaporte dos xogadores.
Ademais, é necesario que os participantes dean o seu consentimento para que sexan gravados ou fotografiados.
A inscrición son 3 euros por participante.
Premios
O equipo gañador do torneo terá unha churrascada fixada segundo a preferencia dos gañadores e, o segundo e terceiro, un trofeo para todo o equipo.
Tamén haberá premio ao mellor xogador, mellor porteiro e máximo goleador.
-

Reanudada a busca dos 3 desaparecidos no accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade
Esta mañá retomouse a busca dos 3 desaparecidos no accidente de autobús que se produciu onte á noite en Cerdedo-Cotobade: nel un autobús pertencente á empresa Monbus precipitouse ao río Lérez ao seu paso por Pedre. A busca foron suspendida onte á noite polas malas condicións que se rexistraban: “Un elevado caudal do río Lérez, moita corrente e un nivel de auga no interior do autocar que xa tocaba o teito do vehículo”.
Durante a noite conseguiuse rescatar con vida ao condutor do vehículo, C. M. C., de 63 anos, e a unha muller, M. R. G. R. Ambos foron trasladados aos hospitais Clínico de Santiago e Montecelo, respectivamente. Ademais, tamén se atoparon os corpos de outros dous ocupantes.
-

ÚLTIMA HORA: Alomenos 2 mortos e 3 desaparecidos ao caer un autobúas ao río Lérez en Cerdedo-Cotobade
Alomenos 2 persoas morreron e 3 están desaparecidas tras a caída dun autobús ao río Lérez ao seu paso por Cerdedo-Cotobade.
O accidente tivo lugar sonre ás 21.35 horas deste sábado, cando un autobús da empresa Monbus da liña regular entre Lugo e Vigo caiu ao río á altura do quilómetro 67,5 da N-451, na parroquia de Pedre.
Os bombeiros puideron rescatar con vida ao condutor do vehículo e a unha muller, mentras atopouse a dúas persoas falecidas e tres persoas atópanse desaparecidas.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de Emerxencias A Estrada, Bombeiros do Deza, Bombeiros de Pontevedra, Bombeiros de Ribadumia, Protección Civil de Cerdedo-Cotobade e ambulancias do 061.
-

Situación esperanzadora para os estradenses atrapados no Perú
Os estradenses atrapados no Perú polas manifestacións que se están a suceder no país teñen esperanzas de regresar nos vindeiros días a España.
Tania Míguez, Luis Ángel Carbia, Tania Domínguez e Yago Saborido realizaron unha camiñata de 10 horas polas vías do tren desde Aguas Calientes ata Ollantaytambo. Desde alí, e grazas á colaboración local, puideron chegar a Cuzco, onde teñen o hotel.
A intención dos estradenses é coller mañá un avión entre Cuzco e Lima – ao parecer o tráfico aéreo interno xa se retomou- e o luns coller o avión que os levará desde a capital peruana ata Madrid.
Os mozos agradecen a colaboración do Departamento de Emigración da Xunta de Galicia e do alcalde da Estrada, José López Campos, que estiveron en contacto con eles “en todo momento”.



