A banda de rock da Estrada Pants Off actuará o vindeiro venres 25 na Revolta do Umia. A súa actuación comezará ás 20.50h e durará 50 minutos. Antes da banda estradense actuará Bellvitge e, despois, Solar Corona, Loita Amada, Fillas de Cassandra, Aphonic e Ícaro.
As entradas pódense adquirir a través da web do festival. O festival celebraráse o venres 25 e o sábado 26 en Vilar de Mato (Cuntis).
Pants Off naceu en 2007, cando os seus compoñentes aínda tiñan 18 anos. Coas súas cancións percorreron salas de festa da península ata que, en 2011, decidiron parar. A finais de 2019 regresaron coa intención de demostrar a madurez adquirida cos anos. Nesta nova etapa realizaron colaboracións con Dakidarría no tema “Arquitectos”, con Etetaerre en “Octubre” e con Xabihoo e con Enkore en “Onde os ventos falan”.
Imaxe: Pants Off
