Etiqueta: accidentes
-

A casa maldita da Estrada
O PSOE instou ao goberno a arranxar o tramo de maneira definitiva.
(máis…) -
Saída de vía con tres coches danados no casco urbano
Na madrugada de onte un vehículo que circulaba polas proximidades da biblioteca da Estrada saíuse da vía impactando contra un coche estacionado. Este último, a consecuencia do impacto, bateu contra outro vehículo aparcado.
A Garda Civil identificou ao condutor polos restos deixados polo vehículo e a Policía Local realizou o atestado.
Ademais, efectivos de Emerxencias desprazáronse ata a Rúa Antón Lossda Diéguez para retirar unha rama que caira sobre a beirarrúa e un coche desde a finca dun particular.
-
Un ciclista ferido de consideración nun accidente en Cereixo
Un ciclista de 71 anos resultou ferido de consideración ao bater cun coche en Cereixo esta tarde. O home, residente en Pernaviva, foi trasladado ao centro de saúde e, posteriormente, ao hospital Clínico de Santiago.
-

Accidente con atrapados en Cerdedo-Cotobade
Sobre ás 19.30h o 112 recibiu un aviso dun accidente con atrapados en Pedre (Cerdedo-Cotobade). O vehículo caeu por un terraplén e, finalmente, os ocupantes conseguiron saír polo seu propio pé. Os accidentados foron atendidos polo 061. Ata o lugar tamén se desprazaron Emerxencias A Estrada, os Bombeiros de Silleda e Protección Civil de Cerdedo-Cotobade.
Tal e como se mostra no mapa de incidencias do 112, o accidente produciuse na N-541, a poucos metros de onde este Nadal un autobús caeu ao río Lérez.

Ubicación do accidente. // 112 -
Accidentes en Lalín e na Estrada, un deles con feridos
Unha muller de 47 anos correspondente ás iniciais A.I. L. N. resultou ferida onte nunha colisión por alcance na N-525 ao seu paso por Oca (A Estrada), á altura do cruce do centro médico. A ferida, que presentaba dor de cabeza, chamou ao 112 informando do suceso e solicitando asistencia sanitaria. Acudiron a Garda Civil e o 061.
Na avenida de Montserrat, en Donramiro (Lalín), unha condutora mareouse e bateu contra outro vehículo que estaba estacionado. A raíz do choque, producíronse danos en varios vehículos. Ata o lugar desprazáronse a Policía Local de Lalín, unha ambulancia do 061 e Protección Civil de Lalín, que se encargou de limpar a calzada.


