O sábado 29 celebraráse en Agolada a Festa dos Chóferes. A actividade principal levaráse a cabo na Carballeira da Zanquiña. Ás 12.30 oficiaráse unha misa e, media hora despois, dará inicio desfile desde a igrexa. Bico da Balouta porá música no desfile e, despois, na sesión vermú. Pola tarde haberá xogos entre os que atopamos o touro mecánico, carreiras de sacos ou a corda. Pola noite será a verbena a cargo da Charanga Santa Compaña, o DJ Marcos Fdez. e o DJ Pacheco.
Etiqueta: Agolada
-
Eidián celebra o Santiago Apóstolo
Eidán, en Agolada, celebrará as súas festas na honra a Santiago Apóstolo o 25 e 26 de xullo. O martes 25 oficiaráse unha misa solemne ás 13.00h. Haberá un pasarrúas e sesión vermú a cargo da charanga Leña Verde e, pola noite, dita charanga estará acompañada polo dúo Acherizados.
O mércores 26 haberá unha misa solemne ás 13.00h e sesión vermú e verbena a cargo do dúo Élite.
Ao longo da verbena haberá sorteos.
-
Agolada en Deza e A Estrada en Tabeirós son os concellos con maior participación ata ás 14 horas
A participación das Eleccións Xerais aumentou en comparación cos últimos comicios deste tipo en España e en Galicia, pero tamén nos concellos de Deza e Tabeirós-Terra de Montes.
O concello que máis destaca é Agolada, cun 49,59%, no que a participación ascende máis de 19 puntos respecto ás de novembro de 2019. Con este ascenso, ás 14 horas sitúase preto dos datos de participación das 18h dos últimos comicios nacionais, nos que a esa hora votaran un 52,72% dos censados.
No resto de Deza, en Lalín ás 14h xa votara un 39,72% dos chamados ás urnas, 8,2 puntos máis que en 2019, en Silleda xa o fixo un 39,35% (+7,23), en Vila de Cruces un 41,13% (+11,89), en Dozón un 31,96% (+6,8) e, en Rodeiro, un 37,5% (+12,01).
En Tabeirós-Terra de Montes foi A Estrada o concello no que máis porcentaxe dos chamados ás urnas votou ata as 14 horas. En concreto votou un 42,5% do censo (+8,42). En Cerdedo-Cotobade fíxoo un 41,99% (+9,03) e, en Forcarei, un 37,33% (+5,78).
-

Sorteo de dous xamóns polas festas do Santiago Apóstolo do Sexo
A parroquia do Sexo (Agolada) festexará o Santiago Apóstolo os días 24 e 25. O luns 24 celebraráse unha verbena a partir das 23.00h a cargo do dúo Karamba. O martes 25 oficiaráse unha misa solemne ás 13.15h e, a posteriori, haberá unha sesión vermú amenizada polo dúo D’Ases. Ambos días sortearáse un xamón.
-

Unha mestra nai de dous fillos, unha promesa do boxeo galego… estas son as vítimas do accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade
Varias localidades e institucións vestíronse de loito polas sete vítimas mortais do accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade.
A vítima máis nova, de 21 anos, era unha promesa do boxeo galego. Trátase de Eneas Valverde Ruibal, un veciño de Nigrán que regresaba a casa desde Lugo, onde estudaba. O Concello decretou 3 días de loito oficial.
Outros dous dos falecidos son nai e fillo. Falamos de Cruz Castro Eiras -unha xubilada que traballou nunha pastelería- e Jaime Val Castro. Ambos residían en Lalín pero eran naturais de Agolada.
De Agolada tamén era María Mercedes Castro Blanco, de 58 anos. Era unha gandeira xa xubilada e exmuller dun concelleiro do PP da localidade.
A educación vistiuse de loito por Guadalupe Díaz González, de 44 anos. Era natural de Lugo, pero residía en Lalín. Tiña dous fillos de 8 e 5 anos e impartía clases de lingua castelá e literatura no IES Número 1 do Carballiño, onde comezara este ano, aínda que tamén formou alumnos en Lalín, nos IES Laxeiro e Ramón María Aller Ulloa.
A sexta vítima é Edit, unha muller peruana residente en Soutomaior que collera o autobús na parada anterior ao accidente porque saíra de traballar da vivenda na que coidaba a unha persoa maior.
Da sétima vítima, rescatada esta mañá, só se sabe que se trata dunha muller duns 50 anos que acompañaba á sobrevivinte.
Os Concellos de Nigrán, Agolada, Lalín e Cerdedo-Cotobade decretaron varios días de loito oficial e as bandeiras ondean a media asta.
Todas as familias dos falecidos recibiron apoio psicolóxico

