Etiqueta: ataque

  • O mozo que agrediu a Rajoy acoitela a un xornalista de La Voz de Galicia

    O mozo que agrediu a Rajoy acoitela a un xornalista de La Voz de Galicia

    O xornalista Alfredo López Penide, xornalista da delegación de Pontevedra do xornal La Voz de Galicia, resultou ferido tras o ataque dun mozo na redacción do xornal. O autor, Andrés de Vicente Fuentes, presentouse na redacción e, visiblemente alterado, comezou a berrarlle a unha empregada que el era o mozo que agredira a Mariano Rajoy en 2015 e que ía a queixarse dunha publicación sacada polo xornal na que se informaba dunha nova condena do mozo. Tras isto, sacou un rodete de cociña e un coitelo e comezou a golpear os equipos informáticos da entrada.

    A empregada fuxiu para refuxiarse nun supermercado próximo. Isto aproveitouno De Vicente para acceder á redacción, onde se atopaba traballando López Penide. O xornalista foi atacado, recibindo cortes no brazo e nunha man e unha picada no peito. López Penide conseguiu escapar do ataque para refuxiarse no mesmo supermercado que a súa compañeira.

    Nese intre chegaron dúas redactoras e, ao ver que o atacante permanecía na redacción, aproveitaron para pechar por fóra para que non puidese saír ata a chegada da policía. Foi necesaria a intervención de seis axentes para que o agresor depuxese a súa actitude. Unha vez detido,foi trasladado á Unidade de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP).

    De Vicente Fuentes, con 17 anos, pegoulle unha puñada na cara ao expresidente do Goberno Mariano Rajoy nun acto de campaña electoral en 2015. No 2019 foi detido por golpear a un dirixente de VOX e, en 2020, volveu a ser detido, esta vez por agredir a un cliente dun bar de Ourense e, ademais, dirixiuse aos presentes coas palabras “ides morrer todos”.

    Moitos medios de comunicación mostraron o seu apoio ao compañeiro de La Voz de Galicia agredido, entre os que se atopa o propio xornal.

    Desde PHDnoticias temén queremos mostrar o noso apoio ao xornalista.

  • ÚLTIMA HORA| Posible ataque xihadista en Alxeciras

    ÚLTIMA HORA| Posible ataque xihadista en Alxeciras

    Un home matou cunha machada a un sacristán dunha igrexa de Alxeciras (Cádiz) e deixou feridas a outras 4 persoas.

    O autor, Yasin Kanza, ten 40 anos e irrumpiu na igrexa da Palma tirando coa machada imaxes, cruces e velas. O sacristán falecido insistiulle en que saíra e, o atacante, ameazou a dúas mulleres. Un dos feridos está grave e sería o cura da Igrexa de San Isidro de Alxeciras.

    Kanza atópase detido e sospéitase que sexa un lobo solitario. Actualmente está detido por un posible caso de terrorismo. Segundo os testigos, berrou o nome de “Alá” durante o ataque.

  • EEUU alerta: Irán lanzará un ataque a Arabia Saudí

    EEUU alertou da posibilidade dun “ataque inminente” de Irán a Arabia Saudí. O ataque podería realizarse con drons e incluso usalo contra o exército estadounidense.

  • 1 morto e 4 feridos nun apuñalamento en Italia, entre eles un futbolista en español

    1 morto e 4 feridos nun apuñalamento en Italia, entre eles un futbolista en español

    Un italiano apuñalou este xoves a 5 persoas, matando a unha delas e deixando a 3 feridas de gravidade, nun supermercado en Assago, nas aforas de Milán. O implicado foi detido case ao momento, tras ser retido polos presentes, informou a policía. O falecido é o caixeiro do supermercado.

    O ataque producíuse aorredor das 18.30h cando un home de 46 anos colleu un coitelo dos estantes dun supermercado Carrefour situado no interior dun centro comercial, e comezou a apuñalar aos presentes, ferindo a 5 dos presentes. Entre os atacados hai 4 homes de 28, 30, 40 e 80 anos e un menor de idade. O caixeiro do supermercado, de 30 anos de idade, faleceu cando era trasladado en helicóptero.

    Segundo as primeiras informacións, o agresor tiña problemas mentais e estaba sendo tratado por unha forte depresión. A cadea Carrefour expresou nunha nota “a súa máxima cercanía aos empregados e clientes involucrados no ataque e ás súas familias” e confirmou que rápidamente se avisou á policía. Ademais, a empresa puxo á disposición dos empregados afectados directa ou indirectamente involucrados no incidente.

    Segundo fontes próximas ao clube Monza Calcio, tal e como recolleu o diario Corriere della Sera, o futbolista español Pablo Marí, resultou ferido no ataque.