Etiqueta: atentado

  • Atentado contra un dos ideólogos de Putin

    Atentado contra un dos ideólogos de Putin

    O atentado realizouse instalando unha bomba no vehículo no que se desprazaba. Morreu o condutor do vehículo e o ideólogo está ferido.

    Hai un detido por, presuntamente, ser o autor do atentado. Trátase dun cidadán ucraíno que conseguiu a cidadanía rusa hai poucos días.

  • Rusia anuncia a toma do centro de Bakhmut

    Rusia anuncia a toma do centro de Bakhmut

    Tras varias semanas de longos e duros enfrontamentos, o grupo Wagner anunciou esta noite que tomaron a cidade ucraína de Bakhmut. Aínda así, as tropas locais aínda permanecen nos barrios occidentais da cidade. Segundo a información aportada por cada bando, os rusos terían o control do centro da cidade e da Administración.

    Polo momento, Ucraína non recoñece a vitoria rusa.

    Tribunais rusos en territorios ucraínos anexionados

    O presidente ruso, Vladímir Putin, firmou o paquete de leis que establecen a creación de tribunais en Donetsk, Lugansk, Khersón e Zaporiyia, os territorios anexionados polos rusos.

    Unha detida por realizar un atentado en San Peterburgo

    Daria Trepova, principal sospeitosa do atentado. TELEGRAM

    As forzas de seguridade rusas detiveron este luns a Daria Trepova, principal sospeitosa de realizar un atentado nunha cafetería de San Petersburgo no que morreron unha trintena de persoas, entre elas o blogueiro militar prorruso Vladlen Tatarski.

    “Baixo sospeita de participación na explosión dun café en San Petersburgo, os empregados do Comité de Investigación de Rusia, xunto cos servizos operativos, detiveron a Daria Trepova”

    Comité de Investigación, vía Telegram

    Trepova, unha moza de 26 anos fora declarada en busca e captura este domingo polo Ministerio do Interior de Rusia. A policía arrestou a varios dos seus familiares para que axudaran a localizar a moza.

    Segundo informaron medios rusos, Trepova foi arrestada no apartamento dun amigo do seu marido, cortara o pelo e tiña billetes de avión a Uzbekistán para fuxir do país.

    Os informes policiais revelan que Trepova mantivera conversacións por mensaxe con Tatarsky antes do atentado e que tamén asistira a outros eventos nos que participou.

    Russia Today informou de que o marido de Trepova, Dmitry Rylov, é un disidente ruso que se estableceu no estranxeiro para fuxir da movilización ordeada por Putin para combater en Ucraína. Ademais, é un dos firmantes do movemento Liberdade para Navalny, que pide liberdade para o opositor ruso Alekséi Navalni.

    As autoridades rusas relacionan a Trepova cos servizos de intelixencia de Ucraína, a quenes responsabilizan de estar detrás do atentado.