Etiqueta: Baleira

  • Quéimase España: primeira vaga de incendios do ano

    Quéimase España: primeira vaga de incendios do ano

    Estabilizado o incendio que comezou o pasado martes no concello de Baleira. Xa arrasou 1400 hectáreas e desactivouse a situación 2, polo que se puido realoxar aos desaloxados.

    En Taboada extinguiuse o incendio que comezou onte e afectou 8 hectáreas. En Asturias os 20 desaloxados puideron volver as súas vivendas. Na comunidade hai unha centena de focos repartidos por 35 municipios. Os incendios máis graves están no oeste. En Castelló varios veciños xa puideron regresar as súas casas e os bombeiros vixían que non se produzan reproducións.

    En Cantabria hai 31 incendios activos e un deles afecta ao Parque Natural dos Picos de Europa. En Cáceres un incendio continúa medrando despois de iniciarse en Puerto de Béjar (Salamanca).

  • Desaloxadas varias aldeas de Baleira e da Fonsagrada pola proximidade do lume ás casas no que é o primeiro gran incendio forestal do ano en Galicia

    Desaloxadas varias aldeas de Baleira e da Fonsagrada pola proximidade do lume ás casas no que é o primeiro gran incendio forestal do ano en Galicia

    O incendio declarado martes en Baleira (comarca da Fonsagrada) calcinou xa tería calcinado 700 hectáreas e trataríase do primeiro gran incendio forestal do ano en Galicia. Desaloxáronse variaas aldeas de Baleira e da Fonsagrada pola proximidade do lume ás casas, polo que tamén se activou a situación 2. Ata o momento mobilizáronse para controlalo 3 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 13 motobombas, 1 pa, 2 avións e 3 helicópteros.

    O Presidente da Xunta de Galicia afirmou nun chío que “a prioridade é a atención aos desaloxados e pedir máxima precaución aos afectados” e que “non pararemos ata extinguilos non ata saber as causas”.

    Relacionado

    Ademais, ao longo da xornada deste mércores declaráronse varios incendios forestais na nosa comunidade: no concello lugués de Taboada arderon, segundo os últimos datos da Consellería de Medio Rural, 20 hectáreas; en Alfoz, 70 hectáreas; en Entrimo arderon 10 hectáreas no Parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, en Viveiro queimáronse 80 hectáreas nun incendio xa estabilizado e, en Viana do Bolo, logrouse controlar un incendio que calcinou 70 hectáreas.

    Fóra de Galiza, en Asturias tamén están vivindo unha situación moi complicada e xa arderon varias vivendas e hai 4 desaloxados. A UME despregouse para axudar nas labores de extinción dos incendios que, na súa maioría, son pequenos conatos.

    Situación perfecta

    A virulencia destes incendios non é casualidade, pois estamos ante xornadas de calor, escasa chuvia e fortes refachos de vento. Ademais súmase que os nosos montes están moi mal coidados.