Etiqueta: Ballon World Cup

  • España campioa da Ballon World Cup 2022

    España campioa da Ballon World Cup 2022

    Onte celebrouse a segunda edición da Ballon World Cup, a primeira gran competición internacional de globos.

    A victoria levouna o representante español Miguel Imbroda. O malagueño comezou o partido cunha victoria sufrida, e non exenta de polémica, ante Colombia. En cuartos venceu 2-0 a Países Baixos.

    Xa nas semifinais gañou 3-2 a Francia, nun partido no que o rival estivo a piques de ser outro por unha falta de respeto do francés ao colexiado.

    Na final España impúxose 4-2 a Brasil e a polémica volveu a servirse por algúns golpes do brasileiro. Finalmente, o podio quedou conformado por España en 1ª posición, Brasil en segunda, e Arxentina en terceira.