Etiqueta: baloncesto
-

España volve a ser campioa de Europa de baloncesto
ESPAÑA 88-76 FRANCIA
EUROBASKET. FINALEspaña conseguiu o seu cuarto ouro no Eurobasket tras gañarlle 88-76 a Francia.
Juancho Hernangómez foi un dos grandes destacados do partido con 27 puntos e 7 triples, 6 deles no terceiro cuarto. -

España pasa á final do Eurobasket nunha nova remontada
Alemaña 91-96 España
EUROBASKET. SEMIFINAISEspaña gaña en semifinais 91-96 contra Alemaña nun partido no que tivo que volver a remontar.
A final será o domingo ás 20:30h contra Francia. -

O EDM ao final si que ascende á liga EBA
O EDM Baloncesto A Estrada está preparado para facer historia. Tras varias semanas longas de duro traballo nos despachos, a directiva tomou a decisión de que este ano si que se aceptará a praza na Liga EBA. Na xornada de hoxe o equipo entregará o aval de 8.000 euros para pechar de forma definitiva o ascenso.
No económico necesitouse duplicar o presuposto para chegar aos 70.000 euros para cumprir cos requisitos en canto a arbitraxes, desprazamentos e demais. “Vamos a ter que traballar moito”, afirmou onte o director do clube, Alfonso Sanmartín, sobre esta exisencia. Ademais, contarán co apoio de Xunta, Deputación e Concello.
No deportivo o reto vai ser maior. Tras conseguir o ascenso, os xogadores pedíronlle á directiva o seu desexo de subir á Liga EBA, algo soñado despois de levar varias tempadas quedando nas posicións altas da táboa. Agora o equipo dará o salto a unha categoría na que esta tempada competiron equipos como o Gijón Basket, Ule Basket León e equipos galegos como o de Marín, Porriño e Silleda.
David González seguirá liderando o equipo xunto a Pinone. Sen embargo, non contarán co director deportivo, David Carballo, máis coñecido como Bilba, que decidiu dar un paso ao lado.
Na plantilla non se agardan grandes cambios, salvo algunha incorporación para reforzar posicións claves.
-

Fin de semana lúdico e gastronómico na Estrada
Esta fin de semana haberá eventos en Aguións, A Estrada e Loimil.
Festas na honra a San Antón en Aguións

Cartel das festas Aguións rinde homenaxe a San Antón. As festas comezarán hoxe cunha verbena a cargo de Os Players e París de Noia. Mañá ás 13.00h haberá unha misa cantada polo Coro Parroquial de Aguións e a posterior procesión e sesión vermú a cargo da Charanga TNT. Pola noite, a verbena correrá a cargo da Charanga TNT e das orquestras Olimpus e Satélites.
Rubín homenaxea a San Xosé

Mañá Rubín comezará as súas festas na honra a San Xosé cunha misa ás 13.00h coa posterior procesión e sesión vermú cun grupo de gaitas. Pola noite, o dúo Punto Zero e a orquestra Estrella Mar.
O domingo esta parroquia homenaxeará a San Campio cunha misa solemne a partir das 13.00h e a posterior sesión vermú coa Banda Cultural da Estrada.
A Estrada celebra a IX edición da Festa da Sidra con baloncesto

Este sábado A Estrada celebrará a IX edición da Feira da Sidra con degustacións de 12.00 a 15.30 e de 19.00 a 21.30h e coas actuacións da Roda e do grupo La Quinkillada.
Ademais, tanto sábado coma domingo celebraráse no pavillón Manuel Coto Ferreiro e nas pkstas de baloncesto do colexio de Figueiroa as fases finais autonómicas nas categorías minibasket e preminibasket de baloncesto.
Loimil celebra a Romaría de San Isidro e o vixésimo aniversario da festa do año ao espeto

Este domigo Loimil vestiráse coas súas mellores galas para celebrar a Romaría de San Isidro e a XX edición da Festa do Año ao Espeto. Os actos comezarán ás 13.30h cunha misa e a posterior Bendición do Agro. O pregón correrá a cargo de Xiana Lastra Pena, voz da Banda da Loba. A posterioiri xantaráse na Carballeira da Saleta de Loimil. O xantar estará amenizado por un grupo de gaiteiros e o grupo musical Sharky Show Music.





