Etiqueta: Berres
-

O PSOE denuncia a mala consevación das zonas de baño públicas
O líder do PSOE na Estrada, Luis López Bueno, denunciou o mal estado de conservación das zonas de baño públicas no concello. López Bueno asegura que atópanse descoidadas e bota en falta “actuacións prometidas unha e outra vez polo PP local”.
Segundo o líder socialista, nas pincinas estánse despegando as pezas de gresite do vaso principal que se arranxaran hai pouco. Amais, critica o estado da zona de xogo infantil, que ten todos os elementos – incluído o valado perimetral – en mal estado, e a existencia de duchas precintadas.
López Bueno tamén se desprazou ata a praia fluvial de Liñares, onde comentou que os baños atópanse “nunha situación de dubidosa salubridade, por ser amables co PP”. Tamén lamentou a existencia de xogos infantís precintados pola Policía Local e dun tobogán que non cumpre a normativa.
O socialista lamentou que non chegaran as melloras anunciadas á praia fluvial e ás piscinas municipais e calcula que A Praíña, en Couso, e O Areal, en Berres, reciben uns 1.000 usuarios ao día, mentras que nas instalacións municipais “apenas chegan a 150”. Bueno atribúe estas malas cifras á “devaluación continua” dos espazos do baño de xestión municipal por falta de mantemento.
-

Fútbol e Panorama nas festas de Berres
Berres (A Estrada) festexará as súas festas na honra da Virxe do Amparo e de Santa Lucía do sábado 29 ao luns 31.
O sábado celebraráse, a partir das 18.00h, o Trofeo Virxe do Amparo no Campo O Pardiñeiro. Nel enfrontaránse a ACD Vetereanos de Berres e UllaOil Veteranos. A partir das 22.30h dará inicio a verbena amenizada por Treixadura e Charleston Big Band.
O domingo oficiaráse unha misa solemne ás 12.30h na honra da Virxe do Amparo. O pasarrúas, a sesión vermú e a verbena correrá a cargo de Lume na Lareira, da Banda Municipal de Silleda e da Banda Artística de Merza.
O luns 31 celebraráse unha misa na honra de Santa Lucía ás 13.00h. A Banda Municipal da Estrada dará un concerto e amenizará a sesión vermú. Pola noite, haberá unha verbena a cargo da orquesta Panorama e o DJ Carlos López.
-

Loito no fútbol estradense pola prematura morte de Eloy Rivadulla
O fútbol estradense vestiuse de negro tras coñecer a nova da prematura morte de Eloy Rivadulla Campos. Este futbolista da AD Guimarei era de Santeles e tiña 34 anos e un fillo. Foi o seu clube, do que era membro da directiva, o que anunciou o seu deceso nun comunicado nas redes sociais:
“Foi para todos nós unha honra desfrutar de partidos, momentos e vivencias con el.
Dende o clube queremos dar todos os nosos ánimos e todo o noso amor e apoio á familia e amizades que deixa.
Coidaremos de todos eles como a ti che houbera gustado facelo. Podes descansar tranquilo.
Grazas por todo o que nos deches, nunca xamais te esqueceremos, segue dando guerra alá onde vaias!
Eres eterno, pequeno 9

SEMPRE VERDE
Comunicado da AD Guimarei
“Os seus restos mortais vélanse no Tanatorio San Pelayo. Este sábado ás 11.00h trasladaráse o seu corpo ata a igrexa parroquial de San Xoán de Santeles, onde se celebrará o seu funeral ás 11.15h e, posteriormente, será a inhumación do cemiterio de dita parroquia.
A Escola de Fútbol Base, o Berres, o SP Estrada e a Concellería de Deportes, entre outros, mostraron a través das redes sociais as súas condolencias.
-

O BNG quere que a Casa Marcial Valladares e a Torre e o Pazo de Guimarei pasen a ser públicos
O BNG criticou que o goberno do PP “non se caracterizou por defender e dignificar o noso patrimonio”, poñendo como exemplo os casos da Torre e do Pazo de Guimarei e da pérgola da Alameda, actualmente sita na parte posterior do edificio da Fundación e Exposicións da Estrada.
Por iso, o partido nacionalista comprometeuse a sacar os edificios de Guimarei citados anteriormente “da silveira na que levan anos ocultos para poñelo en valor para uso e desfrute dos veciños e veciñas da Estrada”.
Pero tamén poñen o foco na casa de Marcial Valladares en Berres, dado que cren que a casa do autor de Maxina ou a filla espúrea “pode ser o marco no que celebrar todo tipo de eventos relacionados coa cultura, a historia, … e converter ese espazo na casa museo deste insigne escritor e intelectual estradense”.


