Etiqueta: BNG

  • O BNG quere que a Casa Marcial Valladares e a Torre e o Pazo de Guimarei pasen a ser públicos

    O BNG quere que a Casa Marcial Valladares e a Torre e o Pazo de Guimarei pasen a ser públicos

    O BNG criticou que o goberno do PP “non se caracterizou por defender e dignificar o noso patrimonio”, poñendo como exemplo os casos da Torre e do Pazo de Guimarei e da pérgola da Alameda, actualmente sita na parte posterior do edificio da Fundación e Exposicións da Estrada.

    Por iso, o partido nacionalista comprometeuse a sacar os edificios de Guimarei citados anteriormente “da silveira na que levan anos ocultos para poñelo en valor para uso e desfrute dos veciños e veciñas da Estrada”.

    Pero tamén poñen o foco na casa de Marcial Valladares en Berres, dado que cren que a casa do autor de Maxina ou a filla espúrea “pode ser o marco no que celebrar todo tipo de eventos relacionados coa cultura, a historia, … e converter ese espazo na casa museo deste insigne escritor e intelectual estradense”.

  • Rueda pide o voto para José López

    O Presidente da Xunta de Galicia visitou hoxe A Estrada para participar no mitin central do PP do concello. Nel, ante 1200 persoas, pediulle aos que non están contentos co goberno de Pedro Sánchez que voten ao PP.

    Ademais aproveitou a ocasión para acusar a PSOE e BNG de apoiar a Bildu. “O BNG quere os votos dos concellos para implantar un novo modelo en Galicia. De que? De Galicia independente? De Galicia que nega as institucións? Que se quere separar do resto do país?”

    “Eses de Bildu que presentan en tantos concellos do País Vasco a asasinos e condenados por terrorismo son amigos do socialismo e do Bloque”

    Alfonso Rueda

    Rueda apoiou ao candidato estradense na busca da súa cuarta maioría absoluta. Non só se referiu a el como un referente a nivel galego senón que tamén declarou a súa amizade persoal con el.

  • O BNG di que pelexará “pola variante e pola mellora da seguranza da N-640” se goberna

    O BNG celebrou o seu mitin central no MOME. Dito acto contou co apoio de Néstor Rego, deputado do partido no Congreso.

    Xoán Reices, candidato á alcaldía, afirmou que “un goberno do BNG terá entre as súas prioridades pelexar pola Variante” e acusou a PSOE e PP de non ter interés nela e de tela só como medida electoralista.

    “Un alcalde do BNG non calará ante o elevado número de accidentes, como fai o PP, esixiremos solucións e para iso contamos coa axuda do noso deputado Néstor Rego, que el si, é o único deputado que defende os intereses dos veciños e veciñas en Madrid, mentres o outro, o do PP, que é da Estrada, non fai nada pola Variante nin pola seguranza vial”

    Xoán Reices
  • Debate electoral na Estrada

    Debate electoral na Estrada

    Esta tarde celebrouse no Concello o debate electoral da Estrada. José López Campos (PP), Luis López Bueno (PSOE), Xoán Reices (BNG) e Mar Blanco Casais (Móvete) debateron sobre diferentes asuntos de preocupación para á cidadanía.

    No apartado de rural, o candidato do PP indicou a súa “boa xestión” durante o último goberno, destacando o “investimento récord” desta última lexislatura. Mentras, a oposición volveu criticar os bacheos exprés, as cunetas sen desbrozar e os cables que caen de forma frecuente.

    No bloque de benestar social, a oposición solicitou melloras nos servizos municipais, entre os que destaca o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que mantivo importantes tensións polas malas condicións laborais. Tamén solicitaron a creación de espazos para a cidadanía no vello ambulatorio.

    En materia de economía e desenvolvemento, goberno e oposición coincidiron na necesidade da ampliación do polígono de Toedo que, segundo o PP, “realizaráse a partir de 2024”. A oposición tamén mostraron a súa preocupación polo previsible descenso da poboación e a mala situación do comercio. López Bueno tamén lembrou que o Concello debe 10 millóns de euros. O alcalde tamén lembrou que o vindeiro ano comezará a construcción da autovía, que segundo Reices, “rematará en Teo”.

    No último bloque, o de servizos públicos e competencia municipal, os partidos da oposición criticaron os problemas do SAF, a falta de aprobación dos presupostos deste ano- pese a que o PP ten maioría absoluta-, a ausencia de banda ancha no rural, a tardanza dos trámites á hora de poder construír unha vivenda e os problemas na recollida do lixo. López Campos destacou que A Estrada ten o mellor centro de saúde de España.

  • O BNG comprométese coa ampliación do polígono de Toedo

    O BNG comprométese coa ampliación do polígono de Toedo

    O BNG criticou que o PP, pese a comprometerse a facelo en varias campañas electorais, non ampliou o polígono de Toedo algo que, segundo a formación nacionalista, é necesario para o desenvolvemento económico do concello. Por iso, dito partido comprométese a ampliar o solo público do polígono.

  • Xoán Reices lamenta a carencia de saneamento no rural

    O BNG lamentou que o PP non executou o plan director para levar a cabo saneamentos no rural anunciado en 2019.

    “Sanear o rural da Estrada non é só unha necesidade en termos medio ambientais, é unha obriga das normas europeas, mais o goberno municipal do non o ten entre as súas prioridades, a pesar de que é unha das principais demandas dos veciños e veciñas do rural”

    BNG da Estrada
  • Que facer co ambulatorio vello?

    Que facer co ambulatorio vello?

    O BNG propón crear nel un espazo para a xuventude. Pola súa banda, Móvete quere facer alí unha residencia de maiores.

  • Encontros de PP e BNG coa cidadanía

    Encontros de PP e BNG coa cidadanía

    O PP reuniuse este domingo con medio millar de mulleres no Samaná. Ademais, onte o BNG realizou unha xuntanza coa mocidade.