Etiqueta: Brasil

  • REPOR| Brasil, un asalto anunciado

    REPOR| Brasil, un asalto anunciado

    Estas imaxes eran temidas. A posibilidade de que pasaran eran altas. E pasaron.

    Cronoloxía dun asalto anunciado

    O 30 de outubro Jair Bolsonaro perdía as eleccións presidenciais do Brasil co 49,10% dos votos. Xa antes de facerse oficial a victoria do seu rival, Lula da Silva, os bolsonaristas comezaron a bloquear as estradas. Sen recoñecer a súa derrota, o 2 de novembro desautoriza os bloqueos que se están provocando nas estradas do país.

    O 19 de novembro comezaron as acampadas no exterior dos cuarteis militares chamando aos soldados a que dean un golpe de estado. Quizais un dos momentos máis destacados foi cando o 21 de novembro os bolsonaristas pediron axuda aos extraterrestres. Ao día seguinte, o Partido Liberal pediu que se invalidaran os resultados das urnas electrónicas máis antigas.

    O uso da violencia por parte dos bolsonaristas máis extremos comezaron o 13 de decembro, cando un grupo de manifestantes intentou tomar a sede da Policía Federal en Brasília tras a detención dun bolsonarista. O 25 dese mesmo mes as Forzas de Seguridade detiveron na capital a un home que dicía ser partidario de Bolsonaro e que estaba preparando un atentado contra o aeroporto da cidade. Segundo o seu relato, ía detonar un camión de combustible contra un avión de pasaxeiros.

    O 1 de xaneiro Lula da Silva xurou como novo presidente do Brasil, nun día sen incidencias. Pero, o 8 deste mes, centenares de bolsonaristas radicais asaltaron o Congreso Nacional (sede do poder lexislativo), o Pazo do Planalto (sede do poder executivo) e a sede do Tribunal Supremo Federal. Os asaltantes saquearon os edificios e incluso provocaron incendios neles. Horas despois do inicio do asalto, Lula da Silva decretou a intervención federal do Distrito Federal ata final de mes.

    Os sinalados polo asalto

    Algúns dos sinalados son Ibaneis Rocha, gobernador de Brasília, que foi apartado 90 días do cargo pola Corte Suprema do Brasil por supostamente ser coñecedor do asalto e permitilo. Ademais, o propio Rocha cesou ao secretario de Seguridade de Brasilia, Anderson Torres, quen fora ministro de Xustiza no Goberno de Bolsonaro. A policía tamén é acusada de non mostrar resistencia e, incluso, de escoltar aos asaltantes á escena do crime. Outro dos sinalados, esta vez polo propio presidente do Brasil, é Bolsonaro, que se atopa nos Estados Unidos desde 2 días antes do xuramento de Lula como presidente.

    Similitudes entre asaltos

    Dous días antes do asalto facíanse dous anos desde o asalto ao Capitolio, un asalto que garda similitudes co que se produciu en Brasil. En ambos casos, producíronse despois de que os presidentes do país perderan os comicios presidenciais e non aceptaran a derrota. Este feito, engadido a mensaxes de que as eleccións non cumpriran a lei, animaron aos seus seguidores máis radicais a asaltar sedes dalgún poder.

  • Bolsonaro abandona o hospital en contra da recomendación médica

    Bolsonaro abandona o hospital en contra da recomendación médica

    O expresidente do Brasil, Jair Bolsonaro, deixou o hospital en contra da recomendación dos médicos, que recomendaban que estivera 3 días máis ingresado.

    O exmandatario ingresou o pasado luns nun hospital da Florida por dores estomacais derivados da puñalada que sufriu na campaña electoral de 2018.

  • Jair Bolsonaro ingresado en Estados Unidos

    Jair Bolsonaro ingresado en Estados Unidos

    O expresidente do Brasil, Jair Bolsonaro, foi ingresado nos Estados Unidos por fortes dores estomacais. Bolsonaro xa fora ingresado en novembro polo mesmo motivo.

  • DIRECTO| Bolsonaristas toman as sedes dos tres poderes do Brasil: Lula decreta a intervención federal en Brasília

    DIRECTO| Bolsonaristas toman as sedes dos tres poderes do Brasil: Lula decreta a intervención federal en Brasília

    Bolsonaristas tomaron as tres sedes dos poderes do Brasil pedindo ao exército un golpe de estado.

    Directo

    23.03 ASÍ FOI O INICIO DO ASALTO|


    22.52 OS ASALTANTES CONTINÚAN NO CONGRESO| Cortóuselles a auga e a luz para evitar cortocircuítos que provoquen novos incendios


    22.42 A POLICIA ARRESTA AOS ASALTANTES QUE AÍNDA ESTÁN NO PLANALTO| Os desperfectos que causaron no interior son evidentes.


    22.22 ENFRONTAMENTOS ENTRE POLICÍA E MANIFESTANTES NO PAZO DO PLANALTO| A policía está conseguindo que os manifestantes retrocedan.

    CNN

    22.21 RECUPERADO O PAZO DO PLANALTO| A policía conseguiu que os manifestantes saíran dos arredores da sede do poder executivo.


    22.11 INTERVENCIÓN FEDERAL| A medida dura ata o 31 de xaneiro polo risco de que se volvan a producir situacións similares.


    22.04 DECLARACIÓNS DE LULA DA SILVA| Lembra que perdeu varios comicios e non asaltou ningunha sede e culpa directamente a Bolsonaro do asalto.


    22.00 ÚLTIMA HORA| LULA DECRETA A INTERVENCIÓN FEDERAL NO DISTRITO FEDRAL| Ricardo Garcia Cappelli será quen teña o poder.


    21.47 BOLSONARO AÍNDA NON SE PRONUNCIOU| O expresidente do Brasil, que se atopa desde o 30 de decembro nos Estados Unidos, aínda non se pronunciou sobre o asalto.


    21.42 LULA DA SILVA DARÁ DECLARACIÓNS EN BREVES|


    21.41 PEDRO SÁNCHEZ MOSTRA O SEU APOIO A LULA DA SILVA|


    21.32 SAQUEO ÁS SEDES| O Congreso Nacional atópase anegado porque foi necesario extinguir incendios provocados polos asaltantes.

    Ademais, roubaron obras de arte que se atopaban nas diferentes sedes


    21.28 Lula atópase en Araraquara discutindo cos ministros sobre a invasión


    21.25 UN ASALTO SIMILAR AO DO CAPITOLIO ESTADOUNIDENSE| O asalto prodúcese despois de que Bolsonaro non aceptara os resultados das eleccións do pasado 30 de outubro na que Lula da Silva conseguira a victoria.

    Algo similar pasara en Estados Unidos hai 2 anos cando simpatizantes de Donald Trump asaltaban o Capitolio ao non aceptar os resultados electorais.


    21.21 O asalto comezou a primeira hora da tarde no Congreso e continuou no resto das sedes.


    20.54 Os manifestantes entraron no Congreso Nacional (sede do poder lexislativo), no Pazo do Planalto (sede do poder executivo) e na sede do Tribunal Supremo Federal.

    Actualmente estánse producindo enfrontamentos coa policía