Etiqueta: cancro
-

Empeora a saúde de Pelé: sofre disfunción renal e cardíaca
O astro brasileiro Edson Arantes do Nascimento ‘Pelé’, hospitalizado desde fai 3 semanas en São Paulo, está recibindo coidados relacionados con “disfuncións renais e cardíacas”, provocadas pola mala evolución do cancro de colon que sofre, informaron este mércores os médicos.
Pelé, en tratamento polo cancro, “presenta unha progresión da enfermidade oncolóxica e require maiores coidados relacionados con disfuncións renais e cardíacas”, sinalou o Hospital Albert Einstein, onde está ingresado desde o pasado 29 de novembro.
‘O Rei’ “continúa ingresado nun cuarto común, baixo os coidados médicos necesarios do equipo médico”. Minutos antes do informe médico, as súas fillas informaban de que o seu pai pasará o Nadal no hospital.
Pelé leva tres semanas ingresado para revaluar o tratamento de quimioterapia contra o tumor de colon -do que se operou en setembro de 2021- e superar unha “infección respiratoria” que se lle detectou días despois.

