Etiqueta: Cerdedo-Cotobade
-

ADEGA Ecoloxismo leva aos tribunais o parque eólico Campo das Rosas
A asociación ecoloxista ADEGA presentou un contencioso-administrativo contra a autorización da Xunta ao parque eólico Campo das Rosas. Tal e como recollen, nos montes da Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro no que se queren instalar os eólicos existe un tipo de fento considerado en perigo de extinción, o Lycopodiella inundata, e hai turbeiras protexidas, que non apareceron nin no Estudo de Impacto Ambiental (EIA) nin na Declaración de Impacto Ambiental (DIA). Ademais, os eólicos tamén se instalarían nos montes nos que se atopan os cabalos da Rapa das Bestas de Sabucedo.
Segundo ADEGA, as infraestruturas do parque eólico poderían provocar a desaparición dalgunhas turbeiras e modificaríase o fluxo da auga provocando unha importante alteración do réxime hídrico. Tamén, engaden, o licopodio das brañas – Lycopodiella inundata -, cuxa maior poboación atópase en ditos montes, podería chegar a desaparecer e a provocar a extinción da especie.
-

Festa na honra de San Antón e da Virxe das Dores en Borela
A parroquia de Borela, en Cerdedo-Cotobade, honrará a San Antón e á Virxe das Dores durante tres días. O venres 4 ás 21.00h haberá unha churrascada e verbena a cargo de 3.Com e M-3 Show.
O sábado ás 13.00h celebraráse unha misa solemne. A Banda de Gaitas e Percusión Foula de Cotobade será a encargada de realizar o pasarrúas e de amenizar a sesión vermú. Á noite, Soprano e Tic-Tac actuarán na verbena.
O domingo 6 oficiaráse unha misa ás 13.00h. Ao longo da mañá o grupo de gaitas Os Trazantes de Tenorio estarán ao cargo de animar as rúas no pasarrúas e, despois da misa, darán un concerto na sesión vermú.
-

Domingo de Rapa en Cuspedriños
Un ano máis, este domingo 6 celebraráse a tradicional Rapa das Bestas de Cuspedriños, en Cerdedo-Cotobade. Ás 12.00h realizaráse a subida das bestas ata o curro para, ao chegar, separar os potros. Ás 14.00h será a comida e, sobre ás 17.00h, comezará a rapa. Ás 20.00h levaráse a cabo un sorteo de rifas para poder seguir realizando novas edicións do evento.
Comida
O xantar pódese reservar estará composto por polbo, churrasco, postre e café a un prezo de 30€ por persoa. Correrá a cargo de Pilar Fuchela e pódese reservar o menú a través do número de teléfono 677 161 957.
-

Susana Seivane actuará nas festas de San Xurxo de Sacos
A parroquia de San Xurxo de Sacos, en Cerdedo Cotobade, festexará os días 4 e 5 a Festa da Carballeira. Os festexos comezarán o venres 4 cunha misa ás 13.00h na Capela de Lixó. A procesión irá acompañada polos Trazantes de Tenorio. Ás 19.00h sairá a procesión desde a Igrexa parroquial ata a Carballeira, acompañada pola Banda de Música Unión Musical de Tenorio. Ao chegar á Carballeira, oficiaráse unha misa rezada. Ás 20.30h, a Banda de Música Unión Musical de Tenorio dará un concerto e, ás 21.00h, dará inicio unha churrascada. Ás 23.45h dará inicio o concerto de Susana Seivane e, a posteriori, actuará a Orquesta La Ola ADN.
O sábado 5 celebraráse unha misa ás 13.00h na Capela de San Xusto. Ás 14.00h actuará o Grupo de Gaitas Os Trazantes de Tenorio e, pola noite, será o turno da Orquesta Estelamar e do Dúo Oro Negro.
Churrascada
Na churrascada do venres á noite ofreceráse churrasco de porco e pan a un prezo de 10€ a ración. A bebida non está incluída, pero contaráse cun servizo de bar ou poderáse levar da casa. Os tickets pódense recoller nos bares Tío Carlos e Amoedo.

Cartaz da churrascada -
Agolada en Deza e A Estrada en Tabeirós son os concellos con maior participación ata ás 14 horas
A participación das Eleccións Xerais aumentou en comparación cos últimos comicios deste tipo en España e en Galicia, pero tamén nos concellos de Deza e Tabeirós-Terra de Montes.
O concello que máis destaca é Agolada, cun 49,59%, no que a participación ascende máis de 19 puntos respecto ás de novembro de 2019. Con este ascenso, ás 14 horas sitúase preto dos datos de participación das 18h dos últimos comicios nacionais, nos que a esa hora votaran un 52,72% dos censados.
No resto de Deza, en Lalín ás 14h xa votara un 39,72% dos chamados ás urnas, 8,2 puntos máis que en 2019, en Silleda xa o fixo un 39,35% (+7,23), en Vila de Cruces un 41,13% (+11,89), en Dozón un 31,96% (+6,8) e, en Rodeiro, un 37,5% (+12,01).
En Tabeirós-Terra de Montes foi A Estrada o concello no que máis porcentaxe dos chamados ás urnas votou ata as 14 horas. En concreto votou un 42,5% do censo (+8,42). En Cerdedo-Cotobade fíxoo un 41,99% (+9,03) e, en Forcarei, un 37,33% (+5,78).
-

Festas do Santiago Apóstolo en Viascón
A parroquia de Viascón (Cerdedo-Cotobade) celebrará o Santiago Apóstolo. O luns 24 haberá unha verbena coa orquesta Platinum e o trío 3. Com.
O martes ás 13.00h celebraráse unha misa solemne cantada polo Coro de Viascón e, a posteriori, sesión vermú a cargo da charanga Os Encerellados.
O domingo 30 oficiaráse unha misa solemne na honra do Santísimo. Os Trazantes de Tenorio acompañarán o acto litúrxico e amenizarán a sesión vermú.



