Etiqueta: chuvia
-

Avecíñase unha semana de importantes nevaradas en gran parte de Galicia. Repetiráse a de 2010?
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) emitiu un aviso especial por temporal marítimo e de vento e neve para gran parte da metade norte peninsular que comezará o vindeiro luns e rematará xoves.
Tal e como indican, a interacción do potente anticiclón das Azores xunto coa profundización da borrasca Fien situada ao sur das Illas Británicas dará lugar á intensificación dun temporal marítimo e de vento e neve. Ademais produciráse a entrada dunha masa de aire de orixe marítimo-polar moi fría que dará lugar a ventos intensos do noroeste e precipitacións xeralizadas acompañadas dun brusco descenso térmico que darán lugar a nevaradas en cotas que poden baixar dos 500 metros coa posible irrupción dunha masa de orixe ártico o mércores.
Para o luns prevése a entrada dunha fronte que deixará precipitacións xeralizadas que poden se localmente fortes pero que, segundo as previsións de Meteogalicia, non deixaarán acumulados de neve na nosa comunidade. Este día teremos que prestarlle atención á situación marítima- onde se prevé a activación dun aviso laranxa por ondas de 6 a 8 metros de altura e ventos de forza 8 e 9-, ao vento -prevénse refachos de ata 100 quilómetros por hora na costa da Coruña e Lugo- e polos acumulados de chuvia en zonas do interior.
O martes entrará unha masa de aire frío que provocará nevaradas a partir dos 900 metros e que irán descendendo ata os 600 metros á noite.
Para mércores Meteogalicia aínda non ofrece a previsión, pero a AEMET xa avisa, de forma xeral para a península, de que se prevé que continúe esta situación invernal cun descenso das temperaturas e con cotas de neve que se situarán nos 400 metros en amplas zonas da metade norte peninsular.
Para xoves agárdase de que a situación comece a remitir.
A situación actualmente é moi difícil de pronosticar, pero Meteogalicia xa publicou un chío en Twitter na que compara a situación que se prevé para o mércores coa do 8 de xaneiro de 2010, cando nevou de forma xeralizada en toda Galicia.
-

TEMPORAL| Previsión de avisos para hoxe e mañá
A chuvia, o vento e a mala mar serán os protagonistas durante este sábado e o vindeiro domingo en gran parte da comunidade.
-

Previsión meteorolóxica para o Nadal: cando para de chover?
Na xornada de mañá, 25 de decembro, as chuvias continuarán sendo protagonistas con avisos por chuvia no interior e sur de Pontevedra e oeste de Ourense.
A partir de luns non choverá.
-

Armand, a primeira borrasca de alto impacto da tempada de borrascas: como vai ser o tempo mañá?
Armand é a primeira borrasca de alto impacto deste outono. A súa chegada está provocando un descenso das temperaturas no oeste e centro peninsular. A borrasca irá xerando frentes que deixarán chuvias sobre todo no noroeste e interior peninsular.
Mañá xoves a borrasca profundizaráse e achegaráse ao noroeste de Galicia, xerando alí un forte temporal marítimo con moi mala mar. A AEMET ten activos avisos laranxas por ventos de forza 8 e ondas de entre 5 e 6 metros.



Avisos xoves 20 de outubro. Fonte: AEMET O venres a borrasca alonxaráse cara o norte, pero iráse xerando un novo centro de baixas presións ao oeste da Península, sendo unha posible cicloxénese explosiva. Esta situación favorecerá a chegada dun río atmosférico que impactará de cheo no suroeste peninsular, podendo dar lugar a chuvias localmente fortes.
No que respecta a mañá en Galicia, prevense precipitacións xeralizadas con posibilidade de tormentas.
-

Canarias baixo aviso vermello polas chuvias de Hermine
A AEMET activou o aviso vermello por chuvias en varios puntos de Canarias pola tormenta tropical Hermine. Ademais, tamén hai avisos por tormentas e vento.


Fonte: AEMET -

DIRECTO|Hermine deixa a categoría de ciclón tropical
As Illas Canarias están sufrindo a tormenta tropical Hermine. Pese a que non pasará polo arquipélago, as chuvias e o vento si que se están facendo notar.
DIRECTO
21.32 A ALERTA VERMELLA REMATARÁ MAÑÁ| O Presidente canario anunciou que a alerta vermella rematará mañá a mediodía. Polo tanto, mañá non haberá clases.
21.26 TENERIFE E GRAN CANARIA, AS ILLAS NAS QUE MÁIS CHOVEU|
17.38 HERMINE NON É CICLÓN TROPICAL| O Centro Nacional de Furacáns (NHC polas súas siglas en inglés) informou de que Hermine xa deixou de ser ciclón tropical. Segundo a AEMET, deixaránse de emitir avisos á poboación, pero aínda así as precipitacións serán abundantes.
17.09 VARIOS ANEGAMENTOS NO SUR DE TENERIFE| O 112 avisou de que recibiu numerosos avisos por anegamentos en vivendas no sur da illa de Tenerife. Ademais, producíronse varios accidentes sen feridos.
16.25 141 VOOS CANCELADOS| AENA contabilizou 141 voos cancelados polo temporal. Aínda así, os aeroportos continúan traballando.
16.22 ESTÁNSE PRODUCINDO PROBLEMAS CO TENDIDO ELÉCTRICO EN GRAN CANARIA|
15.55 AS ESTRADAS CORTADAS POLO TEMPORAL|
- HI-4 (km 0-19,23)
- HI-400 (km 0-10,47)
- HI-500 (km 19-0 en sentido decrecente da quilometración)
- HI-503 (km 0,05-6,2)
- LP-214 (km 0-15,77 en sentido crecente da quilometración)
- LP-302 (km 0-6,65 en sentido crecente da quilometración)
- LP-4 (km 1-29)
- LP-105 (km 1-3,77)
- LP-109 (km 1-15,18)
- CV-14 (km 0,1-7,46)
- TF-445 (km 2,5-9)
- TF-31 (km 2,5-4,1 en sentido crecente da quilometración)
- GC-500 (km 37,8-42,6)
- GC-800 (km 2,5-3,7)
- GC-310 (km 0,95-1,2)
- GC-231 (km 4,6-5,15)
- GC-210 (km 0-5)
- GC-210 (km 9,4-32)
- GC-200 (km 0-14)
15.45 A AUGA ENTRA NOS HOSPITAIS| As precipitacións que se están sucedendo nas últimas horas están provocando anegamentos e que a auga se filtre nas urxencias do Hlspitql Nuestra Señora de Candelaria, en Santa Cruz de Tenerife.
09.15 HERMINE PRÓXIMAMENTE SERÁ UNHA DEPRESIÓN TROPICAL| Segundo o NHC, Hermine segue debilitándose e próximamente será xa unha depresión tropical. Aínda así, non se agardan variacións na chuvia prevista nas Illas Canarias.
00.22 CANARIAS, BAIXO AVISO VERMELLO POR CHUVIAS|
00.05 QUE FACER EN CASO DE INUNDACIÓNS|
24/9/2022
23.53 A UME CHEGA A CANARIAS| Un continxente da UME chegou a Canarias para apoiar aos servizos de emerxencia.
23.45 PIDEN EVITAR DESPREZAMENTOS| O Goberno de Canarias pediu que os cidadáns eviten desprazamentos porque se van intensificar as chuvias.
23.33 A TORMENTA TROPICAL DEIXA IMAXES QUE NON SE VÍAN EN MESES NA PALMA| As chuvias estannos deixando imaxes do vapor de auga saíndo desde as coladas de lava, dado que esta aínda permanece quente.
23.18 HERMINE XA É DEPRESIÓN TROPICAL| O NHC xa rebaixou a categoría de Hermine. Aínda así, as chuvias non cambian.
23.12 POLIDEPORTIVOS PARA OS SEN TEITO|
23.06 76 LITROS NUN DÍA|
22.57 AVISOS VERMELLOS EN CANARIAS| A AEMET activou avisos vermellos para mañá por chuvias.

Chuvia 
Vento e tormentas Pulse nas imaxes para amplialas
22.34 CAMBIO DE DATA NO LAS PALMAS-GRANADA| LaLiga acaba de anunciar o cambio de data de celebración do Las Palmas-Granada. O partido que se ía desputar mañá finalmente xogaráse luns ás 21.00h (20.00h en Canarias). Ademais, o cabildo anunciou que se se desactiva a alerta vermella, o partido desputaráse con público
22:11 PRIMEIROS CORTES DE LUZ, DESPRENDEMENTOS E VOOS CANCELADOS| A tormenta tropical Hermine xa está deixando os primeiros danos nas Canarias. Na illa da Gomera producíronse varios desprendementos de terra e varios voos víronse afectados pola mala visibilidade nos aeroportos canarios. Ademais, xa se produciron varios cortes de luz.
-

Primeiros desprenementos, voos afectados e cortes de luz pola tormenta ‘Hermine’
A tormenta tropical Hermine xa está deixando os primeiros danos nas Canarias. Na illa da Gomera producíronse varios desprendementos de terra e varios voos víronse afectados pola mala visibilidade nos aeroportos canarios. Ademais, xa se produciron varios cortes de luz.
Na illa da Palma viuse unha imaxe que había meses que non se producía: vapor de auga saíndo da colada de lava, pois esta aínda segue quente.
A AEMET di que o peor será mañá e xa se activaron avisos vermellos pola chuvia.



Fonte: AEMET Pulse nas imaxes para velas completas


