Etiqueta: ciclismo

  • EXCLUSIVA PHDn| A Vuelta a España volverá a Galicia

    EXCLUSIVA PHDn| A Vuelta a España volverá a Galicia

    Damos a coñecer un lugar que opta a ser saída dunha etapa
    (máis…)
  • O Tour sairá hoxe de Bilbao arroupado por unha das mellores afeccións do mundo

    O Tour sairá hoxe de Bilbao arroupado por unha das mellores afeccións do mundo

    O Tour de Francia comezará hoxe. A primeira saída da gran ronda gala será en Bilbao, no País Vasco. Tras tomar a saída subirán a Laukiz (3ª categoría), San Juan de Gaztelugatxe (3ª categoría), Morga (4ª categoría), Alto de Vivero ( 2ª categoría) e Pike (3ª categoría). Tras esta última subida afrontarán o descenso que os levará ata Bilbao.

    Perfil do ascenso a Pike. // ASO

    A retransmisión por televisión a través de Teledeporte comezará ás 12.10 para poder ver a saída neutralizada que comezará ás 12.30.

  • TRAXEDIA NO CICLISMO: Falece o ciclista Gino Mäder aos 26 anos tras unha brutal caída

    TRAXEDIA NO CICLISMO: Falece o ciclista Gino Mäder aos 26 anos tras unha brutal caída

    O ciclismo vístese de loito. O ciclista suízo Gino Mäder faleceu esta mañá tras non poder superar as lesións provocadas pola brutal caída que sufriu onte no Tour de Suíza. A caída produciuse no descenso do último porto de montaña da etapa. Na caída víronse afectados o ciclista de Bahrain-Victorious Gino Mäder e o do Ineos Grenadiers, Magnus Shffield. Na caída Mäder caeu por un barranco e a altas velocidades – nese mesmo descenso, o ciclista español e gañador desa etapa Juan Ayuso chegou a superar os 100km/h. Dous minutos despois da caída os servizos médicos xa se atopaban no lugar e atopáronse ao suízo inconsciente na auga. Practicáronlle a reanimación cardiopulmonar e trasladárono ao hospital de Chur en helicóptero.

    O seu equipo informou nun comunicado do seu falecemento.

    “É con profunda tristeza e corazón pesado que temos que anunciar o falecemento de Gino Mäder. O venres 16 de xuño, tras un grave accidente durante a quinta etapa do Tour de Suisse, Gino perdeu a batalla para recuperarse das graves feridas que sufriu. Todo o noso equipo está devastado por este tráxico accidente, e os nosos pensamentos e oracións están coa familia de Gino e os seus seres queridos durante este momento incriblemente difícil. […]
    A pesar dos mellores esforzos do fenomenal persoal do hospital de Chur, Gino non puido superar este, o seu último e maior reto, e ás 11:30 horas despedímonos dunha das luces brillantes do noso equipo.”

    Team Bahrain Victorious

    Milan Erze, director do equipo, comentou que “Bahrain Victorious correrá no seu honor, gardando a súa memoria en cada estrada na que corremos. Estamos decididos a mostrar o espírito e a paixón que mostrou Gino, e sempre seguirá sendo parte integrante do noso equipo”.

    A carreira decidiu realizar a etapa de hoxe de forma neutralizada para rendirlle homenaxe ao ciclista. Compañeiros de equipo, rivais, equipos, carreiras, a UCI e afeccionados lamentaron a súa morte.

    Entrada do Bahrain Victorius na meta. Os ciclistas desta formación correron hoxe en cabeza.
  • O Gran Camiño: o día no que os ciclistas deixaron de ser importantes no ciclismo

    O Gran Camiño: o día no que os ciclistas deixaron de ser importantes no ciclismo

    A meteoroloxía volveu a xogar unha mala pasada no Gran Camiño coa suspensión do ascenso ao Alto de Santa Mariña (1ª categoría) polo descenso. Así, ás 13.50h daba inicio a terceira etapa entre Esgos e o Alto do Castelo (Rubiá).

    Perfil da etapa antes da modificación. O GRAN CAMIÑO

    Os ciclistas rodaban por Rubiá con moito ritmo para coller o cruce para subir o Alto do Castelo, un cruce no que a colocación era vital debido a que se pasaba dunha estrada provincial a un camiño rural. O pelotón comezou a estirarse e quedaron só en cabeza Jonas Vigegaard e Atila Valter (Jumbo Visma), Ruben Guerreiro (Movistar) e Ion Izaguirre (Cofidis). Valter deixou de tirar polo seu compañeiro e comezou o espectáculo: Vingegaard atacaba e deixaba atrás primeiro a Izaguirre e despois a Guerreiro.

    Vingegaard cruzando a meta. EUROSPORT

    Deste xeito o danés volvía a gañar neste Gran Camiño e o portugués Ruben Guerreiro quedaba segundo. O vasco Ion Izaguirre sufiu unha caída nun tramo de curvas cheo de lama e quedou máis atrás na clasificación da etapa.

    Entre innovacións e emocións

    Esta etapa foi pensada como unha homenaxe. A zona pola que transcurriron os últimos quilómetros foi vítima da última vaga de incendios en Galicia, máis concretamente pola zona afectada polo 2º incendio forestal máis grande na historia de Galicia. Durante a retransmisión da etapa combináronse as imaxes dos ciclistas subindo o último porto coas imaxes das zonas afectadas polos incendios. Chegamos a ver a Jonas Vingegaard rodando con zonas queimadas ao seu arredor.

    E aquí chegou a innovación: por primeira vez empregouse un dron na retransmisión e puidemos estar máis preto que nunca dos ciclista e á vez da zona afectada polos lumes.

    Especial do Planeta de Hoxe en Día sobre a vaga de incendios.

    O remate dunha edición

    Mañá celebraráse unha contra o reloxo entre Novo Milladoiro (Ames) e Santiago de Compostela na que se rematará de decidir esta segunda edición do Gran Camiño, aínda que todo apunta a que o actual líder, Jonas Vingegaard, será quen gañe a proba.