Tras unha espectacular primeira parte de España, a segunda parte comezou cun 3-0 a favor dos nosos. España continuou sendo a dominante e, no minuto 54, Ferrán Torres marcaba o seu segundo gol no partido. Xa no minuto 75, Gavi poñía o 5-0 e convertíase no goleador da Selección máis novo. Chegaba o minuto 90 e Carlos Soler marcaba o sexto gol do partido e da Selección e, 2 minutos despois, Álvaro Morata poñía o 7-0 no marcador.
Pola súa banda, Costa Rica non realizou ningún tiro.
España é primeira de grupo grazas á diferencia de goles, seguida de Xapón que hoxe dou a sorpresa ao gañarlle a Alemaña 1-2. Xusto será Alemaña o seguinte rival dos españois.


