Etiqueta: Couso
-

O PSOE denuncia a mala consevación das zonas de baño públicas
O líder do PSOE na Estrada, Luis López Bueno, denunciou o mal estado de conservación das zonas de baño públicas no concello. López Bueno asegura que atópanse descoidadas e bota en falta “actuacións prometidas unha e outra vez polo PP local”.
Segundo o líder socialista, nas pincinas estánse despegando as pezas de gresite do vaso principal que se arranxaran hai pouco. Amais, critica o estado da zona de xogo infantil, que ten todos os elementos – incluído o valado perimetral – en mal estado, e a existencia de duchas precintadas.
López Bueno tamén se desprazou ata a praia fluvial de Liñares, onde comentou que os baños atópanse “nunha situación de dubidosa salubridade, por ser amables co PP”. Tamén lamentou a existencia de xogos infantís precintados pola Policía Local e dun tobogán que non cumpre a normativa.
O socialista lamentou que non chegaran as melloras anunciadas á praia fluvial e ás piscinas municipais e calcula que A Praíña, en Couso, e O Areal, en Berres, reciben uns 1.000 usuarios ao día, mentras que nas instalacións municipais “apenas chegan a 150”. Bueno atribúe estas malas cifras á “devaluación continua” dos espazos do baño de xestión municipal por falta de mantemento.
-

Nova edición do Rallymix de Carretas na Festa do Escalo de Couso
Esta fin de semana celebraráse a XLV Festa do Escalo no Coto de Couso (A Estrada). O venres 4 a Comisión de Festas abrirá a cantina.
O sábado 5 verificaránse as carretas que participarán no II Rallymix de Carretas entre as 18 e as 19h para que, despois, dea inicio. Ás 21.00h haberá unha degustación de porco á brasa gratuíta e, a posteriori, dará inicio a verbena a cargo de Punto Zero.
O domingo 6 será o día grande da festa cunha nova edición da Festa do Escalo. Entre ás 9.00 e as 10.00 os pescadores deberán inscribisrse. Ao remate da inscrición, dará inicio a primeira manga do concurso, que finalizará ás 13.00h. Ás 13.30h dará inicio a sesión vermú a cargo dos Pereiriños. A segundaa manga do concurso comezará ás 16.00h e rematará ás 19.00h. Por último, os premios entregaránse ás 20.00h. Ademais, durante todo o día poderá degustarse escalos e pementos de forma gratuíta.
II Rallymix de Carretas
Para inscribirse ao rallymix hai que enviar un WhatsApp ao 652 232 119 e é necesario ser maior de idade. A inscrición custa 20€ por parella. As carretas deben ser dunha soa roda e é obritorio empregar casco.
Nesta edición repartiránse 4 premios: as tres mellores parellas recibirán 400€, 200€ e unha carreta máxica, respectivamente, e a parella que teña a carreta mellor tuneada e os compoñentes estean mellor disfrazados, recibirán o premio especial de 100€.

-

3 feridos nunha colisión frontal en Couso
Sobre ás 13.45h unha furgoneta e un vehículo sufriron unha colisión frontal na estrada que une A Estrada con Pontevea. 3 dos ocupantes dos vehículos resultaron feridos e foron trasladados a diferentes hospitais.
