Etiqueta: COVID-19
-

Agora si imos deixar de usar máscaras
En 2020 aplicouse como medida preventiva contra a COVID-19 o uso de máscara obrigatorio. Pouco a pouco puidemos retirala en certos lugares e, a día de hoxe, case non quedan lugares nos que o seu uso sexa obrigatorio.
Este martes aprobaráse en Consello de Ministros a retirada total das máscaras. Unha vez se publique no Boletín Oficial do Estado (BOE) o mércores, a máscara pasará a ser recomendable en espazos sanitarios con pacientes vulnerables e en caso de síntomas de infección respiratoria. Aínda así, o uso da máscara pode esixirse en zonas dos centros sanitarios con pacientes críticos e inmunodeprimidos, en quirófanos e nas unidades de coidados intensivos, lugares nos que xa se empregaba antes da pandmemia.

