Etiqueta: CRTVG

  • PHDnoticias 25 de marzo| CONTINÚA DESCONTROLADO O INCENDIO DE CASTELLÓ E TERUEL

    PHDnoticias 25 de marzo| CONTINÚA DESCONTROLADO O INCENDIO DE CASTELLÓ E TERUEL

    Continúa fóra de control o incendio que afecta a Castelló e Teruel. Xa se calcinaron 4000 hectáreas e hai un perímetro de 35km. As máis de 1500 persoas desaloxadas terán que pasar unha noite máis fóra das súas casas. Hoxe o peor do incendio atópase en Teruel, onde ardeu unha aldea, pero agárdase que nas vindeiras horas a situación meteorolóxica cambie cun descenso da humidade e un cambio na dirección do vento, polo que o peor volvería estar en Castelló.

    Hoxe os presidentes Lambán e Ximo Puig visitaron o centro de mando do incendio e confirmouse que hai 4 persoas detidas por, presuntamente, provocalo.

    A CRTVG vive a súa segunda xornada de folga pola manipulación informativa. Os traballadores denuncian que moitos foron apartados dos seus postos por criticar ao PP ou negarse a manipular as noticias.

    Esta madrugada adiantamos os reloxos unha hora. Deste xeito ás 2 pasarán a ser as 3 e durmiremos unha hora menos.

    Ás 12 da noite O Planeta de Hoxe en Día estreará un novo vídeo en YouTube e añroveitaráo para facer un anuncio.

    Mañá será un día marcado polas nubes e os claros e algún chuvasco residual. As temperaturas manteránse.