Etiqueta: desaparición
-

A prima dun famoso ciclista leva máis de 200 días desaparecida e pode estar en España
O ciclista esloveno Tadej Pogačar pediu axuda nas súas redes sociais para atopar á súa prima Julija Pogačar, de 10 anos de idade. A rapaza leva en estado descoñecido desde o 3 de novembro sobre ás 17.30h, cando marchou coa súa nai, Melisa Smrekar e cun matrimonio conformado por Luka e Anka Ule.

Tal e como informa o pai da menor Peter Pogačar na web findjulija.com, marcharon en coche. O matrimonio Ule despediuse dos seus familiares e díxolles que marchaban a España a algún lugar de montaña nunha choza onde non houbera señal. Dado que tamén mencionaron que a viaxe duraría entre 3 e 4 días, o home deduce que “foron a España en coche (Huelva ou Cádiz) e de alí en ferry a Canarias”. Ademais, as sospeitas de que están en España aumentan ao saber que o matrimonio sabe falar castelán con fluidez.

Anka e Luka Ule. FINDJULIJA.COM O irmán de Anka Ule falou con ela por teléfono 11 días despois de desaparecer e díxolle que “ela e Luka estaban en España facendo rutas de montaña”. Ao ser preguntada por Melisa e Julija, “ela negou coñecelas”. “Despois desta chamada, os teléfonos de Anka e Luka volvéronse inalcanzables e xa non podemos chamalos”.
Peter supón que a súa filla e Melisa atópanse co matrimonio Ule, pero non é necesario. El afirma que “podería ser máis facil atopar á parella porque non teñen un motivo real para esconderse”.

Melisa Smrekar. FINDJULIJA.COM Melisa só levou con ela os seus documentos persoais e os de Julija. Ademais, leva en contacto con Lana Praner desde 2013. Lana Praner é a lider da secta Lana Praner con los Señores. Dise que a secta ten comunas por toda Europa, polo que Melisa e Julija poderían atoparse nunha.
Peter afirma que Melisa está convencida de que, ao escaparse, “salvou a vida dela e a de Julija”, porque a muller é firme crente de varios bulos que circulan polas redes sociais como o do 5G e o dos microchips nas vacunas da COVID-19.
“Eu teño a custodia total de Julija e preocúpame moito o desarroio de Julija desde que desapareceu. É moi importante que regrese o antes posible ao seu entorno familiar, á escola, coa súa familia e amigos. Non me podo imaxinar como vive agora e todo o que ten que soportar. Estou seguro de que o seu día a día agora mesmo é de mala calidade, sobre todo porque teñen que estar agochadas e sen cartos. Tamén me preocupa a súa saúde e que pasaría se enferma.”
Peter PogačarRecompensa económica
A familia de Julija ofrece un premio de 10.000 euros pola información que os leve a Julija e que os permita levala a casa sá e salva.


