Etiqueta: Donald Trump

  • Trump chamado a declarar: tiña un plan para declarar a súa victoria

    Trump chamado a declarar: tiña un plan para declarar a súa victoria

    O expresidente de Estados Unidos, Donald Trump, e o seu círculo próximo planearon meses antes das eleccións presidenciais de novembro de 2020 rexeitar os resultados e declarar a súa propia victoria, asegurou este xoves o comité lexislativo que investiga o asalto ao Capitolio do 6 de xaneiro de 2021. Por iso tamén aprobaron ao expresidente para que testifique e entregue documentos.

    Na novena audiencia pública do comité da Cámara de Representantes, os lexisladores espuxeron probas, como testemuñas gravadas de exfuncionarios e asesores de Trump, así coma correos electrónicos, para probar que a decisión de intentar revocar os resultados dos comicios de novembro de 2020 foi premeditada.

    Nesas eleccións gañou Joe Biden e Trump negouse a recoñecer os resultados alegando, sen proba algunha, que Biden cometera fraude electoral.

    “Trump tiña un plan premeditado para declarar que as eleccións foron fraudulentas e roubadas antes de coñecer os resultados”

    Liz Cheney, congresista republicana

    Entre a noite do 4 de novembro e a madrugada do 5 de novembro, Trump ddeclarou a súa victoria sen aínda coñecer os resultados finais, algo xa premeditado. Isto, xunto as denuncias de fraude infundadas por Trump e os seus simpatizantes levaron ao asalto ao Capitolio do 6 de xaneiro, para impedir que se ratificara a victoria de Biden.

    Asalto ao Capitolio. 6 de xaneiro de 2021

    Lembremos que esta citación xudicial ocorre a menos dun mes para as eleccións de metade de mandato, que se van a celebrar o vindeiro 8 de novembro.