Etiqueta: educación

  • Coñece as datas e horarios claves nas ABAU

    Coñece as datas e horarios claves nas ABAU

    Un total de 12788 estudantes de toda Galicia enfrontaránse este 6, 7 e 8 de xuño ás ABAU. Preto de 11000 realizarán a parte obrigatoria e optativa nalgunha das 36 comisións delegadas. O groso de estudantes fará as probas nas principais cidades universitarias (A Coruña e Vigo cuns 2800 estudantes cada unha, e Santiago, cun 2400), pero tamén haberá centros nas facultades de Lugo, Ourense e Pontevedra (entre 1000 e 1500 estudantes cada unha), Ferrol (800 estudantes), na Mariña (145 estudantes), en Fisterra (129) e en Valdeorras (123).

    Horarios dos exames

    Habitualmente os exames obrigatorios realizábanse o primeiro día, pero este ano repártense entre o primeiro e o segundo. Todas as probas duran 1 hora e media.

    HORARIO6 DE XUÑO7 DE XUÑO8 DE XUÑO
    MAÑÁ9.00 Presentación introdutoria
    10.00 Exame de HISTORIA DE ESPAÑA
    12.00 Exame LINGUA CASTELÁ E LITERATURA II
    9.00 Exame LINGUA GALEGA E LITERATURA II
    11.00 Exame de PRIMEIRA LINGUA ESTRANXEIRA (a elixir entre inglés, francés, alemán, portugués e italiano)
    13.00 Exames de MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS II e FUNDAMENTOS DA ARTE II
    9.00 Exames de BIOLOXÍA e HISTORIA DA ARTE
    11.00 Exames de FÍSICA, XEOGRAFÍA e CULTURA AUDIOVISUAL II
    13.00 Exames de XEOLOXÍA e HISTORIA DA FILOSOFÍA
    TARDE16.00 Exames de MATEMÁTICAS II e LATÍN II
    18.00 Exames de ECONOMÍA DA EMPRESA e DESEÑO
    16.30 Exames de QUÍMICA e GREGO II
    18.30 Exames de DEBUXO TÉCNICO II, ARTES ESCÉNICAS e SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA

    Os estudantes recibirán as notas entre o 15 e o 16 de xuño. Unha vez coñecidas as notas, abriráse un período de catro días para solicitar revisións. Tras coñecerse os resultados das peticións, abriráse o prazo de matriculación nas universidades, xa en xullo.

  • Xoán Reices entrevístase no Pérez Viondi

    Xoán Reices entrevístase no Pérez Viondi

    O CEIP Pérez Viondi realizou unha serie de especiais electorais nos que entrevistan aos candidatos. A última entrevista foi realizada ao candidato do BNG á alcaldía da Estrada, Xoán Reices.

  • Os candidatos de PP, PSOE e Móvete entrevístanse no Pérez Viondi

    Os candidatos de PP, PSOE e Móvete entrevístanse no Pérez Viondi

    O CEIP Pérez Viondi levou a cabo unha serie de entrevistas no marco dun programa titulado “Eleccións municipais. As repostas”. Polo centro pasaron a entrevistarse José López Campos, candidato do PP; Luis López Bueno, candidato do PSOE, e Mar Blanco Casais, candiadata de Móvete.

    Todos os programas foron realizados polo alumnado de 6º de Primaria.

  • Unha mestra nai de dous fillos, unha promesa do boxeo galego… estas son as vítimas do accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade

    Unha mestra nai de dous fillos, unha promesa do boxeo galego… estas son as vítimas do accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade

    Varias localidades e institucións vestíronse de loito polas sete vítimas mortais do accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade.

    A vítima máis nova, de 21 anos, era unha promesa do boxeo galego. Trátase de Eneas Valverde Ruibal, un veciño de Nigrán que regresaba a casa desde Lugo, onde estudaba. O Concello decretou 3 días de loito oficial.

    Outros dous dos falecidos son nai e fillo. Falamos de Cruz Castro Eiras -unha xubilada que traballou nunha pastelería- e Jaime Val Castro. Ambos residían en Lalín pero eran naturais de Agolada.

    De Agolada tamén era María Mercedes Castro Blanco, de 58 anos. Era unha gandeira xa xubilada e exmuller dun concelleiro do PP da localidade.

    A educación vistiuse de loito por Guadalupe Díaz González, de 44 anos. Era natural de Lugo, pero residía en Lalín. Tiña dous fillos de 8 e 5 anos e impartía clases de lingua castelá e literatura no IES Número 1 do Carballiño, onde comezara este ano, aínda que tamén formou alumnos en Lalín, nos IES Laxeiro e Ramón María Aller Ulloa.

    A sexta vítima é Edit, unha muller peruana residente en Soutomaior que collera o autobús na parada anterior ao accidente porque saíra de traballar da vivenda na que coidaba a unha persoa maior.

    Da sétima vítima, rescatada esta mañá, só se sabe que se trata dunha muller duns 50 anos que acompañaba á sobrevivinte.

    Os Concellos de Nigrán, Agolada, Lalín e Cerdedo-Cotobade decretaron varios días de loito oficial e as bandeiras ondean a media asta.

    Todas as familias dos falecidos recibiron apoio psicolóxico

  • “Coellas, saíde dos tobos”, os gritos duns estudantes dun colexio maior ás rapazas do colexio de enfronte

    “Coellas, saíde dos tobos”, os gritos duns estudantes dun colexio maior ás rapazas do colexio de enfronte

    Durante a noite do domingo ao luns máis de 150 alumnos berráronlle insultos sexuais desde a súa residencia ás rapazas do colexio maior do outro lado da estrada en Madrid.

    O centro xa pediu disculpas lamentando a actitude dos rapaces e anunciou expulsións.

  • Así é a proposta para o curso escolar 2022-2023 da Xunta: inicio o 8 de setembro en todas as etapas, adaptacións á Lei Celaá…

    Así é a proposta para o curso escolar 2022-2023 da Xunta: inicio o 8 de setembro en todas as etapas, adaptacións á Lei Celaá…

    A Xunta de Galicia vai propoñer este xoves 5 de maio na mesa sectorial que o vindeiro curso escolar 2022-2023 comece en todas as etapas o 8 de setembro. Desta maneira, deixaríase de comezar en datas diferentes dependendo da etapa.

    A Xunta di que este cambio realizaríase para “facilitar a conciliación laboral”. No documento remitido ás organizacións sindicais, a Xunta propón que as clases comecen o 8 de setembro (xoves) e rematen o 21 de xuño (mércores), exceptuando ás enainanzas de réxime especial que rematarían o 30 de xuño (venres). En segundo de bacharelato, as clases rematarían antes pola ABAU.

    Os períodos estivais serían os seguintes:

    • Nadal: Venres 23 de decembro – Domingo 8 de xañeiro.
    • Entroido: Luns 21, martes 22 e mércores 23 de febreiro.
    • Semana Santa: Sábado 1 de abril- Luns 10 de abril (incluído)

    Ademais, a avaliación da terceira avaliación, previa á final, na ESO terá lugar a partir do 5 de xuño.