Publicidade

Etiqueta: educación

  • Unha mestra nai de dous fillos, unha promesa do boxeo galego… estas son as vítimas do accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade

    Unha mestra nai de dous fillos, unha promesa do boxeo galego… estas son as vítimas do accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade

    Varias localidades e institucións vestíronse de loito polas sete vítimas mortais do accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade.

    A vítima máis nova, de 21 anos, era unha promesa do boxeo galego. Trátase de Eneas Valverde Ruibal, un veciño de Nigrán que regresaba a casa desde Lugo, onde estudaba. O Concello decretou 3 días de loito oficial.

    Outros dous dos falecidos son nai e fillo. Falamos de Cruz Castro Eiras -unha xubilada que traballou nunha pastelería- e Jaime Val Castro. Ambos residían en Lalín pero eran naturais de Agolada.

    De Agolada tamén era María Mercedes Castro Blanco, de 58 anos. Era unha gandeira xa xubilada e exmuller dun concelleiro do PP da localidade.

    A educación vistiuse de loito por Guadalupe Díaz González, de 44 anos. Era natural de Lugo, pero residía en Lalín. Tiña dous fillos de 8 e 5 anos e impartía clases de lingua castelá e literatura no IES Número 1 do Carballiño, onde comezara este ano, aínda que tamén formou alumnos en Lalín, nos IES Laxeiro e Ramón María Aller Ulloa.

    A sexta vítima é Edit, unha muller peruana residente en Soutomaior que collera o autobús na parada anterior ao accidente porque saíra de traballar da vivenda na que coidaba a unha persoa maior.

    Da sétima vítima, rescatada esta mañá, só se sabe que se trata dunha muller duns 50 anos que acompañaba á sobrevivinte.

    Os Concellos de Nigrán, Agolada, Lalín e Cerdedo-Cotobade decretaron varios días de loito oficial e as bandeiras ondean a media asta.

    Todas as familias dos falecidos recibiron apoio psicolóxico

  • “Coellas, saíde dos tobos”, os gritos duns estudantes dun colexio maior ás rapazas do colexio de enfronte

    “Coellas, saíde dos tobos”, os gritos duns estudantes dun colexio maior ás rapazas do colexio de enfronte

    Durante a noite do domingo ao luns máis de 150 alumnos berráronlle insultos sexuais desde a súa residencia ás rapazas do colexio maior do outro lado da estrada en Madrid.

    O centro xa pediu disculpas lamentando a actitude dos rapaces e anunciou expulsións.