O Presidente da Xunta de Galicia visitou hoxe A Estrada para participar no mitin central do PP do concello. Nel, ante 1200 persoas, pediulle aos que non están contentos co goberno de Pedro Sánchez que voten ao PP.
Ademais aproveitou a ocasión para acusar a PSOE e BNG de apoiar a Bildu. “O BNG quere os votos dos concellos para implantar un novo modelo en Galicia. De que? De Galicia independente? De Galicia que nega as institucións? Que se quere separar do resto do país?”
“Eses de Bildu que presentan en tantos concellos do País Vasco a asasinos e condenados por terrorismo son amigos do socialismo e do Bloque”
Alfonso Rueda
Rueda apoiou ao candidato estradense na busca da súa cuarta maioría absoluta. Non só se referiu a el como un referente a nivel galego senón que tamén declarou a súa amizade persoal con el.