Etiqueta: electricidade

  • Tírase abaixo a cheminea de refrixeración da central térmica de Meirama poñendo fin a 40 anos de historia

    Tírase abaixo a cheminea de refrixeración da central térmica de Meirama poñendo fin a 40 anos de historia

    11 minutos despois das 3 da tarde, unha voadura controlada tiraba abaixo a icónica cheminea de refrixeración de Meirama, poñendo fin a 40 anos de servizo desta torre no concello de Cerceda.

    Para levar a cabo a voadura levouse a cabo un amplo dispositivo de seguridade no que se incluíron peches de estradas, un perímetro de seguridade de 250 metros e o desaloxo das vivendas que se atopaban dentro do perímetro de seguridade. A voadura levouse a cabo, tal e como informa a compañía, coas máximas medidas de seguridade, o mínimo impacto medioambiental e en cumprimento da normativa vixente.

    A cheminea foi un emblema que formou parte durante décadas da paisaxe da comarca e que mantivo durante 40 anos, de 1980 a 2020, unha actividade ininterrompida. 

    A torre de formigón medía 126 metros de altura e tiña un diámetro de 72 metros na base e de 48 na cima.

    Tras a derruba da torre de refrixeración, o seguinte paso será derrubar a outra gran cheminea, de 204 metros de altura. Este paso está previsto que se realice nos vindeiros meses.

    Despois, Naturgy planea revitalizar a zona da central térmica cunha nova planta que produza combustible de hidróxeno.