Publicidade

Etiqueta: Elon Musk

  • Este xoves será o lanzamento do Twitter de Meta

    Este xoves será o lanzamento do Twitter de Meta

    Twitter está en horas baixas e Mark Zuckenberg, propietario de Meta, sábeo. Por iso este xoves lanzará Threads. Esta aplicación nace co obxectivo de que os cada vez máis frustrados usuarios de Twitter marchen da aplicación de Musk.

    Threads funciona igual que Twitter: podes escribir algo e publicalo, responder, darlle a gústame, rechouchialo e compartilo con outras persoas ou a través dalgunha aplicación externa. Tamén podes subir multimedia e seleccionar quen o pode ver: todos, a quen segues ou só os mencionados.

    Threads traballa con Instagram e, de feito, defínese como “a aplicación de conversacións baseadas en texto de Instagram”. Nas capturas da App Store vemos como pon que podemos iniciar sesión con dita aplicación e que podes seguir ás mesmas contas que en Instagram.

    De momento só a podemos atopar na App Store e cun anuncio de que se poderá descargar “próximamente”- posiblemente a partir de xoves. Estará dispoñible en 30 idiomas, entre os que se inclúe o español.

  • Elon Musk limita os chíos que podes ver nun día

    Elon Musk limita os chíos que podes ver nun día

    Elon Musk anunciou que vaise limitar o número de chíos que poden ver os usuarios de Twitter. Así o anunciou a través da rede social:

    “Para abordar os niveis extremos de extracción de datos e manipulación do sistema, aplicamos os seguintes límites temporais:

    -As contas verificadas están limitadas a ler 6.000 publicacións/día.

    -Contas non verificadas, 600 publicacións/día.

    -Novas contas non verificadas, 300/día”.

    Elon Musk

    Segundo vai avanzando o día o límite de chíos a ver vai aumentando e no momento de redacción desta nova atópase en 10.000, 1.000 e 500, respectivamente.

    Moitos usuarios xa notaron a medida e o hastag #DEPTwitter xa se fixo Trending Topic.