Etiqueta: Explosión
-

Explosión nun edificio en Madrid
Esta mañá producíuse unha explosión de gas nunha vivenda en Madrid. A explosión deixou dous feridos: 1 grave e outro leve.
Tanto o edificio afectado pola explosión como o colindante foron desaloxados e a Policía Nacional atópase investigando os feitos. -

Explosión nun edificio no centro de Madrid
Unha explosión no barrio de Salamanca deixou polo menos 18 feridos, 1 deles grave. A explosión producíuse sobre ás 11.30h no ático do número 35 da rúa General Pardiñas.
Hai 2 desaparecidos que se cree que están no patio do edificio no que hai 2 metros de cascallos. Unha persoa atópase en estado grave despois de saír voando ata o patio dun edificio. Ademais, hai outros 3 hospitalizados.

BOMBEIROS DE MADRID Os Bombeiros informaron de que hai risco de derrubamento polo que están apuntalando de maneira “urxente” o edificio.
A gran hipótese da explosión é que se produciu por un escape de gas.
