Etiqueta: Festas en Vila de Cruces

  • Fontao festexa o Santiago Apóstolo

    Fontao festexa o Santiago Apóstolo

    O luns 24 e o martes 25 celebraráse o Santiago Apóstolo en Fontao (Vila de Cruces). O luns haberá unha misa solemne ás 13.00h. Despois, o dúo Platino amenizará a sesión vermú. Este dúo acompañará á charanga BB+ na verbena.

    O martes oficiaráse unha misa solemne ás 13.15h. A sesión vermú correrá a cargo da charanga Os Kokakolas.

  • Carbia festexa a Madanela

    Carbia festexa a Madanela

    A parroquia de Carbia, en Vila de Cruces, festexará esta fin de semana as súas festas da Madanela. Os actos comezarán o sábado ás 21.30h coa misa rezada e a posterior sardiñada na que tamén haberá mexillóns e chourizos. A formación Manhattan amenizará a comilona.

    O domingo celebraráse a XXXIV Festa Campestre da Madanela a 650 metros de altitude. Ás 11.00h, a charanga Leña Verde realizará un pasarrúas. Ás 13.00h oficiaráse unha misa na honra de Santa María Magdalena e, a posteriori, xantar con polbo, empanada, pan, viño e rosquillas na Madalena. O xantar estará amenizado pola charanga Leña Verde.

  • Festas na honra de Santa Margarida e de San Mamede en Loño

    Festas na honra de Santa Margarida e de San Mamede en Loño

    A parroquia cruceña de Loño festexará este xoves e venres as súas festas na honra de Santa Margarida e de San Mamede.

    O xoves ás 13.15h celebraráse unha misa cantada polo grupo Voces da Terra e, a posteriori, haberá unha sesión vermú a cargo do Dúo Reflejos. Pola noite, verbena co grupo América S.L. e a orquesta Los Player’s.

    O venres oficiaráse ás 13.15h unha misa cantada. A sesión vermú e a verbena correrá a cargo dos grupos Máster e Atenas.

    Haberá polbo, pementos de Loño, postre e viño, ademais de amplos aparcadoiros.