Etiqueta: festas na Estrada

  • Santa Cristina de Vea honra á súa patroa

    Santa Cristina de Vea honra á súa patroa

    Este luns 24 dará inicio a festa patronal de Santa Cristina de Vea (A Estrada). Os actos comezarán cunha misa solemne ás 13.30h e a posterior sesión vermú co grupo Kalima. Pola noite, a verbena correrá a cargo dos grupos Kalima e Nueva Era.

    O martes 25 honrarán ao Santísimo Sacramento cunha misa solemne ás 13.30h e unha sesión vermú a cargo da charanga Os Jaláticos.

  • O gran duelo da verbena galega viviráse en Callobre

    O gran duelo da verbena galega viviráse en Callobre

    Callobre celebra este xoves 20 e venres 21 as súas festas na honra de Santa Margarida e da Nosa Señora do Carme, coñecidas porque por alí pasan as grandes orquestas da verbena galega. E así será un ano máis: o xoves viviráse o gran duelo da verbena galega coas orquestas Panorama e París de Noia e, o venres, será o turno de Los Satélites, Ritmo Joven e Herdeiros da Crus.

    Ademais, haberá servizo de autobús desde a Praza do Concello da Estrada. Ambos días os buses sairán ás 10.30, 11.30, 12.30 e 01.30h dirección Callobre e ás 03.00, 04.00, 05.00 e 06.00h dirección A Estrada.

  • Satélites e Panorama farán vibrar Ribeira

    Satélites e Panorama farán vibrar Ribeira

    A parroquia estradense de Ribeira celebrará entre o martes e o mércores as súas festas patronais na honra de Santa Mariña. O martes haberá unha misa solemne ás 13.00 e, ao remate desta, sesión vermú a cargo do Dúo Reflejos. Pola noite, verbena a cargo dos dúos Reflejos e Gaia.

    O mércores será o día de máis festa. Ás 13.00h oficiaráse unha misa e, a posteriori, haberá unha sesión vermú a cargo de Punto Zero. Pola noite haberá unha gran verbena a cargo das orquestas Satélites e Panorama coa a que se lle porá punto e final aos festexos.

  • Últimos días para apuntarse á I Festa do Bolo Preñado de San Miguel de Castro

    Últimos días para apuntarse á I Festa do Bolo Preñado de San Miguel de Castro

    O vindeiro 25 de xullo a parroquia estradense de San Miguel de Castro celebrará a primeira edición da Festa do Bolo Preñado. Os actos da festa comezarán ás 10.00h cunha ruta de sendeirismo que sairá do campo da festa de Seixo. Ás 13.00h haberá unha sesión vermú e, a posteriori, dará inicio o xantar. O menú está composto por empanada, bolos preñados, polo crocante e, de postre, coquiño e xeados e custa 12€. Tanto a sesión vermú como o xantar celebraráse no Coto de Castro.

    Haberá cantina, música, xogos tradicionais e servizo de transporte desde o aparcadoiro ara o Alto do Castro gratuíto. O xantar ten aforo limitado e a data límite para apuntarse é o martes 18. Para apuntarse pode chamar ao 637 80 96 61 ou ao 722 51 41 91.

  • Fin de semana de festas en Santa Mariña de Barcala

    Fin de semana de festas en Santa Mariña de Barcala

    Este sábado comezarán tres días de festa en Santa Mariña de Barcala. O sábado celebrarán a festa na honra de Santa Mariña cun pasarrúas so longo da mañá a cargo do Grupo Lume na Lareira, unha misa solemne ás 13.30h, sesión vermut co Grupo Lume na Lareira e o Dúo Latino e verbena a cargo do citado dúo.

    O domingo é a festa na honra do Santísimo Sacramento. Ás 13.30h celebraráse unha misa solemne e haberá un pasarrúas e sesión vermut a cargo da Banda de Música Cultural da Estrada.

    O luns oficiaráse unha misa solemne na honra de San Roque.

  • Loimil festexa na honra da Virxe do Carme

    Loimil festexa na honra da Virxe do Carme

    Este sábado celebraráse unha festa en Loimil na honra da Virxe do Carme. Ás 13.00h levaráse a cabo unha misa solemne e, a posteriori, haberá sesión vermut a cargo do Grupo de Gaiteiros Decotío. Pola noite, verbena a cargo do Trío Blanca Doble e do Dúo Rumbo Norte.

  • Callobre celebrará a 22ª edición do seu Folk de Raíz

    Callobre celebrará a 22ª edición do seu Folk de Raíz

    Este venres dará inicio unha nova edición do Folk de Raíz que se celebra en Callobre. O venres actuarán Devagarinho (22.00h), Regatos (22.45h), a A.C. Rosalía de Castro (00.15h) e Os Melidaos (01.45h).

    O sábado será o turno da Banda de Gaitas de Barbude (22.00h e 00.00h), Ailá (23.00h), Leilía (00.30h) e A Banda da Loba (02.15h).

  • Matalobos celebra o San Benito coa Roda como prato forte

    Matalobos celebra o San Benito coa Roda como prato forte

    Este sábado dará comezo o San Benito de Matalobos. Ás 21.00h celebraráse unha misa na honra deste santo milagreiro e, media hora despois, dará comezo a verbena amenizada pola Charanga Ardores e o DJ Patakiña.

    O domingo haberá misas rezadas ás 9.00, 10.30, 11.30 e 12.00h. Ás 13.00 dará inicio unha misa solemne cantada, á que seguirá unha procesión. Tras isto, realizaráse a poxa tradicional e o Grupo de Gaitas Decotío amenizará a sesión vermut. Dito grupo de gaitas realizará un pasarrúas pola aldea ao longo da mañá.

    A partir das 18.00h será a charanga Os Celtas quen amenize os camiños da aldea e, ás 21.00h, comezará a verbena a cargo da charanga Os Celtas, do grupo Alborada e do grupo A Roda.

  • Presentado o programa das Festas de San Paio 2023

    Presentado o programa das Festas de San Paio 2023

    París de Noia, Tanxugueiras e Carlos Baute actuarán na nosa vila.

  • Olaia Maneiro pregoará o San Paio

    Olaia Maneiro pregoará o San Paio

    As festas celebraránse do venres 23 ao martes 27 de xuño. Aínda que ela é natural de Teo, desde hai uns meses vive en Cereixo.