Etiqueta: festas na Estrada

  • A Panorama porá punto e final ás festas de San Paio 2022 da Estrada

    A Panorama porá punto e final ás festas de San Paio 2022 da Estrada

    Día festivo na Estrada e tamén un tanto especial. Este ano as festas recuperáronse por completo e hoxe rematan.

    A programación do día comeza ás 11 da mañá coa Festa da Bicicleta. Ás 12, a Banda de Música Municipal da Estrada realizará un pasacalle e, ás 13h, dará un concerto na Alameda.

    Ás 18h haberá un pasacalle de Lume na Lareira. Ás 19h Lucía Azurmendi Grupo actuará na Praza do Mercado e, media hora despois (19.30h), comezará a representación teatral O Principiño, realizada pola Escola Municipal de Artes Escénicas no Teatro.

    Ás 20h dará inicio a Misa Cantada pola Coral Polifónica Estradense. Despois será a procesión do Santísimo, que corre a cargo das Bandas de Música Municipal da Estrada e Militar da Brilat. A posteriori, haberá un desfile e un posterior concerto na Praza do Concello.

    Ás 21h abrirán os polbeiros na Carballeira da Feira e ás 22.30h comezará o primeiro pase dunha das orquestras que máis veces visitou o concello nos últimos anos: a Panorama. Ás 00.30h desde a Cañoteira lanzaránse os fogos fin de festa e, á 1, a Panorama comezará o seu segundo pase para poñerlle broche final ás festas.

  • A música tradicional e o deporte serán protagonistas na xornada de hoxe

    A música tradicional e o deporte serán protagonistas na xornada de hoxe

    Chova ou faga sol, este ano as San Paio regresan ao que eran antes da pandemia, e o Concello está facendo todo o posible para manter todos os actos. Deste xeito, as actividades que onte se celebraban ao aire libre finalmente realizáronse en espazos pechados.

    E hoxe é un dos días grandes das festas. As actividades comezarán co 3×3 de baloncesto que se celebrará no Coto Ferreiro. A música comezará a soar ás 11.00h coa Charanga Os Atrevidos e, unha hora despois (12.00h), a Banda de Gaitas de Barbude, Malante de Malpica e a Orquestra de Foles de Portugal realizarán un pasacalle.

    Ás 13h haberá un pintacaras a cargo de @mepintakiki na Zona dos Viños e, na rúa Ulla, unha Sesión Vermú a cargo de Supermirafiori.

    Pola tarde continuará o 3×3 de baloncesto e ás 16h daráse a saída do VIII Trofeo de Ciclismo Concello da Estrada nos arredores do IES Manuel García Barros. Ás 18h osmciclistas regresarán ao punto de saída e a Charanga Os Atrevidos volverá a realizar un pasacalle.

    Ás 19h os máis pequenos poderán desfrutar cos Bolechas na Praza do Mercado. Media hora máis tarde dará inicio o Festival de Música Tradicional no que actuarán a Banda de Gaitas de Barbude, Malante de Malpica e a Orquestra de Foles de Portugal.

    Ás 20.30h haberá unha sesión DJ a cargo de I.T.Y.F b2b hortical na Zona dos Viños. Ás 21h, a Orquestra Galilea realizará o seu primeiro pase para darlle paso ás 22.30h á Gala Tequexetéldere XXX Aniversario xunto coa Banda de Música Municipal da Estrada. Ás 23.30h volverá a actuar a Orquestra Galilea e, ás 24h, comezará o Start of Summer Festival con Henry Mendez, Groove Amigos, Carlos López, Zana, Pedro Rivis, Alex Brea, Xabi Villar e Iván Campos na Alameda.

  • Así será o día grande das festas de San Paio da Estrada: deporte, Xoel López e Combo Dominicano

    Así será o día grande das festas de San Paio da Estrada: deporte, Xoel López e Combo Dominicano

    Día grande das festas patronais de San Paio que comezará co 3×3 de fútbol para categoría base. Ás 10.30h e ás 12h Musikenos actuará no Teatro.

    Ás 11.00 estará lista a alfombra floral elaborada pola Asociación de Alfombristas da Estrada na Calvo Sotelo, comezará o Xfest no que haberá Skateboard, Scaperoom, Nerf e Ponte-Slackline e a Charanga BB+ realizará un pasacalle.

    Ás 13h @mepintakiki realizará unha sesión de tatuaxes semipermanentes con aerógrafo e a Banda de Música Cultural da Estrada dará un concerto.

    Ás 16h será o turno do 3×3 de fútbol de categoría absoluta e do Taller de grafiti, da Batalla de galos e da Esgrima histórica no Xfest.

    Ás 18h a Charanga BB+ volverá a percorrer as rúas estradenses e comezará a final do torneo de tenis dobres Concello da Estrada.

    Ás 19h haberá un concerto infantil con inchables e festa da escuma na Praza do Mercado e un pasacalle a cargo da Banda de Música Cultural da Estrada.

    Ás 20h, Batucada Latexo Percusión na Farola; Mani Maro, Breynz e Ruvix no Xfest e misa cantada na honra a San Paio polo Coro San Simón de Teo. A posteriori, procesión a cargo da Agrupación Musical de Cornetas, Tambores e Gaitas ACOGATA de Ferrol e da Banda de Música Cultural da Estrada.

    Ás 20.30h, sesión DJ a cargo de Iván Campos e Carlos López na Zona dos Viños. Ás 22.30h Xoel López actuará na Praza do Concello e a Orquestra El Combo Dominicano actuará a partir de medianoite na Praza de Galicia.

  • Venres de San Xoán con Treixadura, Cinema e Nocturna

    Venres de San Xoán con Treixadura, Cinema e Nocturna

    Hoxe é o segundo día das San Paio 2022 no que Radio Estrada realizará a pé de rúa un dos seus programas. Ademais, ás 12.30h no Teatro Principal haberá un concerto do Grupo de Acordeóns Os Lóstregos con Marietta. Se o tempo o permite, ás 19h haberá unha festa da escuma na Praza do Novo Mercado. Ás 20h no Teatro Muncipal haberá unha exhibición da escola Sondodance. Ás 22h será o pregón a cargo de David Amor e, a posteriori, Treixadura ofrecerá un concerto. A medianoite comezará a actuación da Orquestra de Foles de Portugal e, ás 00.30, a da orquestra Cinema.

    En canto ao deportivo, ás 21h será a Nocturna Estradense (Estranoite) para a categoría Base e, desde ás 23h, para a categoría Absoluta.

  • Xoves de San Xoán na Estrada

    Xoves de San Xoán na Estrada

    Esta noite as cacharelas acenderánse en moitos lugares sendo un dos máis destacados o de Berres. Ademais, A Estrada comezará a celebración das súas festas de San Paio.

    Berres

    O Areal de Berres encheráse coa celebración que comezará ás 21.00h co servizo de pulpeiro e no que haberá sardiñas. Ás 0.00h realizaráse o espectáculo polo río que rematará no acendido da fogueira. Ademais, a partir da 1, haberá concertos de Catuxa Salom e do trío Breocans.

    A Estrada comeza o San Paio

    Desde hoxe A Estrada está oficialmente en festas. Ás 18.00h abrirán as atraccións da Feira e haberá unha exposición fotográfica nos escaparates comerciais nas rúas Calvo Sotelo e Ulla.

    Ás 21.00h acenderáse a iluminación e ás 22.00h dará inicio a sardiñada de San Xoán na que haberá sardiñas gratis, pulpeiro e un concerto de Regatos no Aparcadoiro do Teatro Principal. Ás 00.00h será o lumeiro e, media hora despois, haberá un concerto de Baiuca na Praza do Concello.

  • Fin de semana de coches e música na Estrada

    Por terceira semana consecutiva desde a redacción do Planeta de Hoxe en Día Noticias na Estrada ofrecemos a información dos diferentes eventos que se producirán no concello.

    O motor, gran protagonista

    Hoxe comezou a VI edición do Salón de Vehículos de Ocasión que se celebra no recinto feiral. A feira durará ata domingo e atópase aberto de 11.00 a 20.00h.

    Comezan os Solpores no Lagoeiro

    Hoxe comezan os Solpores no Lagoeiro coa actuación de Mägo de Oz. Os seguintes concertos serán: Sidonie (1 de xullo), Ana Mena (22 de xullo), Efecto Pasillo (5 de agosto), Los Secretos (18 de agosto) e La Habitación Roja (26 de agosto).

    Festas en San Pedro de Ancorados

    San Pedro de Ancorados terá dous días de festas: este sábado celebrarán as súas festas na honra de San Antonio cunha misa rezada ás 10.00h, outra cantada ás 13.00h e a posterior procesión e sesión vermut a cargo da Charanga Ardores. Pola noite haberá verbena a cargo da Charanga Ardores, que contará cun escenario móvil, e a orquestra A Ola ADN (revelación 2022).

    Xa o domingo celebrarán a súa festa na honra ao Santísimo Cristo da Luz cunha misa cantada ás 13.30h e a posterior procesión e sesión vermú a cargo da Banda Municipal da Estrada e da Banda Xinzo de Ponteareas.

    Próximas festas

    O vindeiro sábado 18 Oca celebrará o San Antón. O 23 serán os San Xoáns e, a posteriori e sen confirmación oficial de datas, serán as festas da Estrada.

  • Fin de semana lúdico e gastronómico na Estrada

    Fin de semana lúdico e gastronómico na Estrada

    Esta fin de semana haberá eventos en Aguións, A Estrada e Loimil.

    Festas na honra a San Antón en Aguións

    Cartel das festas

    Aguións rinde homenaxe a San Antón. As festas comezarán hoxe cunha verbena a cargo de Os Players e París de Noia. Mañá ás 13.00h haberá unha misa cantada polo Coro Parroquial de Aguións e a posterior procesión e sesión vermú a cargo da Charanga TNT. Pola noite, a verbena correrá a cargo da Charanga TNT e das orquestras Olimpus e Satélites.

    Rubín homenaxea a San Xosé

    Mañá Rubín comezará as súas festas na honra a San Xosé cunha misa ás 13.00h coa posterior procesión e sesión vermú cun grupo de gaitas. Pola noite, o dúo Punto Zero e a orquestra Estrella Mar.

    O domingo esta parroquia homenaxeará a San Campio cunha misa solemne a partir das 13.00h e a posterior sesión vermú coa Banda Cultural da Estrada.

    A Estrada celebra a IX edición da Festa da Sidra con baloncesto

    Este sábado A Estrada celebrará a IX edición da Feira da Sidra con degustacións de 12.00 a 15.30 e de 19.00 a 21.30h e coas actuacións da Roda e do grupo La Quinkillada.

    Ademais, tanto sábado coma domingo celebraráse no pavillón Manuel Coto Ferreiro e nas pkstas de baloncesto do colexio de Figueiroa as fases finais autonómicas nas categorías minibasket e preminibasket de baloncesto.

    Loimil celebra a Romaría de San Isidro e o vixésimo aniversario da festa do año ao espeto

    Este domigo Loimil vestiráse coas súas mellores galas para celebrar a Romaría de San Isidro e a XX edición da Festa do Año ao Espeto. Os actos comezarán ás 13.30h cunha misa e a posterior Bendición do Agro. O pregón correrá a cargo de Xiana Lastra Pena, voz da Banda da Loba. A posterioiri xantaráse na Carballeira da Saleta de Loimil. O xantar estará amenizado por un grupo de gaiteiros e o grupo musical Sharky Show Music.

  • Ouzande celebra esta noite a I Festa da Primavera

    Ouzande celebra esta noite a I Festa da Primavera

    Hoxe Ouzande vivirá a súa primeira verbena desde setembro de 2019, cando se celebraron as últimas patronais, dado que en 2020 e en 2021 remitiron todas as celebracións parroquiais a misas pola pandemia da COVID-19.

    Desde as 22.00h, Chocolate Disco Móvil e a orquestra El Combo Dominicano porán ritmo á primeira edición da Festa da Primavera, organizada porque en agosto e setembro- cando se realizan os festexos parroquiais- é máis difícil contratar orquestras. Ademais, haberá pulpeiro e unha carpa grande por se chovera.