Etiqueta: Festas
-

Dous días de festas patronais en Couso
Este domingo 13 e luns 14 celébrase en Couso o As Nosas Músicas, que fai de previa dos dous días de festas patronais na parroquia, que se celebran o 15 e o 16.
(máis…) -

Tres días de festa en Soutelo de Montes
Soutelo de Montes, en Forcarei, terá tres días de festa na honra de San Roque e da Virxe do Carme.
(máis…) -

Rubín honra a San Roque e á Nosa Señora
Este luns a parroquia estradense de Rubín dará inicio a dous días de festa na honra de San Roque e da Nosa Señora.
(máis…) -

Dous días de música tradicional en Couso
A parroquia celebra unha nova edición do seu As Nosas Músicas.
(máis…) -

Festa na honra de San Antón e da Virxe das Dores en Borela
A parroquia de Borela, en Cerdedo-Cotobade, honrará a San Antón e á Virxe das Dores durante tres días. O venres 4 ás 21.00h haberá unha churrascada e verbena a cargo de 3.Com e M-3 Show.
O sábado ás 13.00h celebraráse unha misa solemne. A Banda de Gaitas e Percusión Foula de Cotobade será a encargada de realizar o pasarrúas e de amenizar a sesión vermú. Á noite, Soprano e Tic-Tac actuarán na verbena.
O domingo 6 oficiaráse unha misa ás 13.00h. Ao longo da mañá o grupo de gaitas Os Trazantes de Tenorio estarán ao cargo de animar as rúas no pasarrúas e, despois da misa, darán un concerto na sesión vermú.
-

Domingo de Rapa en Cuspedriños
Un ano máis, este domingo 6 celebraráse a tradicional Rapa das Bestas de Cuspedriños, en Cerdedo-Cotobade. Ás 12.00h realizaráse a subida das bestas ata o curro para, ao chegar, separar os potros. Ás 14.00h será a comida e, sobre ás 17.00h, comezará a rapa. Ás 20.00h levaráse a cabo un sorteo de rifas para poder seguir realizando novas edicións do evento.
Comida
O xantar pódese reservar estará composto por polbo, churrasco, postre e café a un prezo de 30€ por persoa. Correrá a cargo de Pilar Fuchela e pódese reservar o menú a través do número de teléfono 677 161 957.
-

Susana Seivane actuará nas festas de San Xurxo de Sacos
A parroquia de San Xurxo de Sacos, en Cerdedo Cotobade, festexará os días 4 e 5 a Festa da Carballeira. Os festexos comezarán o venres 4 cunha misa ás 13.00h na Capela de Lixó. A procesión irá acompañada polos Trazantes de Tenorio. Ás 19.00h sairá a procesión desde a Igrexa parroquial ata a Carballeira, acompañada pola Banda de Música Unión Musical de Tenorio. Ao chegar á Carballeira, oficiaráse unha misa rezada. Ás 20.30h, a Banda de Música Unión Musical de Tenorio dará un concerto e, ás 21.00h, dará inicio unha churrascada. Ás 23.45h dará inicio o concerto de Susana Seivane e, a posteriori, actuará a Orquesta La Ola ADN.
O sábado 5 celebraráse unha misa ás 13.00h na Capela de San Xusto. Ás 14.00h actuará o Grupo de Gaitas Os Trazantes de Tenorio e, pola noite, será o turno da Orquesta Estelamar e do Dúo Oro Negro.
Churrascada
Na churrascada do venres á noite ofreceráse churrasco de porco e pan a un prezo de 10€ a ración. A bebida non está incluída, pero contaráse cun servizo de bar ou poderáse levar da casa. Os tickets pódense recoller nos bares Tío Carlos e Amoedo.

Cartaz da churrascada -

Sábado de troula en Arnois
Arnois, na Estrada, honrará o vindeiro sábado 5 á Virxe das Neves cunha misa ás 13.30h. Despois, haberá unha sesión vermú a cargo da Banda Municipal da Estrada e, pola noite, Olympus e Metrópolis amenizarán a verbena. Unha tirada de fogos de artificio culminará os festexos.

