Etiqueta: Festas

  • Este sábado celébrase a XII Mostra de Trazantes de Tenorio

    Este sábado celébrase a XII Mostra de Trazantes de Tenorio

    Sábado de Mostra de Trazantes en Tenorio (Cerdedo-Cotobade). Este acto estará amenizado a partir das 19.00h polos grupos Os Trazantes de Tenorio, Rancho Folclórico do Centro Cultural de Río de Moinhos e Obradoiro de Cultura Tradicional Chorima de Rois. A partir das 21.00h actuará Son das Tabernas.

  • A Bandeira celebra o seu Entroido de Verán

    A Bandeira celebra o seu Entroido de Verán

    Este sábado A Bandeira (Silleda) celebra a quinta edición do seu Entroido de Verán. A festa comezará ás 21.00h coa charanga Os Empanaos. Ás 22.00 celebraráse a Sesión dos Anos 80 e, a partir das 00.00h, haberá unha pasarela de disfraces con premios aos máis orixinais. Despois comezará a DJ Party Night cos DJs Carlos López, Xavi Villar e Calwin.

  • Sábado de romaría en Santa Mariña do Seixo

    Sábado de romaría en Santa Mariña do Seixo

    Este sábado celébrase a Romaría de Santa Mariña do Seixo (Cerdedo-Cotobade). O festexo comezará ás 13.00h coa misa solemne e a posterior procesión amenizada polo grupo de gaitas Foula de Tenorio. Dito grupo realizará un percorrido ao longo da tarde pola zona. Á noite, verbena a cargo do DJ Jony Maez.

    Ademais, haberá servizo de bar e postos con callos, raxo e filloas e un hinchable acuático.

  • Carbia festexa a Madanela

    Carbia festexa a Madanela

    A parroquia de Carbia, en Vila de Cruces, festexará esta fin de semana as súas festas da Madanela. Os actos comezarán o sábado ás 21.30h coa misa rezada e a posterior sardiñada na que tamén haberá mexillóns e chourizos. A formación Manhattan amenizará a comilona.

    O domingo celebraráse a XXXIV Festa Campestre da Madanela a 650 metros de altitude. Ás 11.00h, a charanga Leña Verde realizará un pasarrúas. Ás 13.00h oficiaráse unha misa na honra de Santa María Magdalena e, a posteriori, xantar con polbo, empanada, pan, viño e rosquillas na Madalena. O xantar estará amenizado pola charanga Leña Verde.

  • Festas na honra de Santa Margarida e de San Mamede en Loño

    Festas na honra de Santa Margarida e de San Mamede en Loño

    A parroquia cruceña de Loño festexará este xoves e venres as súas festas na honra de Santa Margarida e de San Mamede.

    O xoves ás 13.15h celebraráse unha misa cantada polo grupo Voces da Terra e, a posteriori, haberá unha sesión vermú a cargo do Dúo Reflejos. Pola noite, verbena co grupo América S.L. e a orquesta Los Player’s.

    O venres oficiaráse ás 13.15h unha misa cantada. A sesión vermú e a verbena correrá a cargo dos grupos Máster e Atenas.

    Haberá polbo, pementos de Loño, postre e viño, ademais de amplos aparcadoiros.

  • O gran duelo da verbena galega viviráse en Callobre

    O gran duelo da verbena galega viviráse en Callobre

    Callobre celebra este xoves 20 e venres 21 as súas festas na honra de Santa Margarida e da Nosa Señora do Carme, coñecidas porque por alí pasan as grandes orquestas da verbena galega. E así será un ano máis: o xoves viviráse o gran duelo da verbena galega coas orquestas Panorama e París de Noia e, o venres, será o turno de Los Satélites, Ritmo Joven e Herdeiros da Crus.

    Ademais, haberá servizo de autobús desde a Praza do Concello da Estrada. Ambos días os buses sairán ás 10.30, 11.30, 12.30 e 01.30h dirección Callobre e ás 03.00, 04.00, 05.00 e 06.00h dirección A Estrada.

  • Satélites e Panorama farán vibrar Ribeira

    Satélites e Panorama farán vibrar Ribeira

    A parroquia estradense de Ribeira celebrará entre o martes e o mércores as súas festas patronais na honra de Santa Mariña. O martes haberá unha misa solemne ás 13.00 e, ao remate desta, sesión vermú a cargo do Dúo Reflejos. Pola noite, verbena a cargo dos dúos Reflejos e Gaia.

    O mércores será o día de máis festa. Ás 13.00h oficiaráse unha misa e, a posteriori, haberá unha sesión vermú a cargo de Punto Zero. Pola noite haberá unha gran verbena a cargo das orquestas Satélites e Panorama coa a que se lle porá punto e final aos festexos.

  • Últimos días para apuntarse á I Festa do Bolo Preñado de San Miguel de Castro

    Últimos días para apuntarse á I Festa do Bolo Preñado de San Miguel de Castro

    O vindeiro 25 de xullo a parroquia estradense de San Miguel de Castro celebrará a primeira edición da Festa do Bolo Preñado. Os actos da festa comezarán ás 10.00h cunha ruta de sendeirismo que sairá do campo da festa de Seixo. Ás 13.00h haberá unha sesión vermú e, a posteriori, dará inicio o xantar. O menú está composto por empanada, bolos preñados, polo crocante e, de postre, coquiño e xeados e custa 12€. Tanto a sesión vermú como o xantar celebraráse no Coto de Castro.

    Haberá cantina, música, xogos tradicionais e servizo de transporte desde o aparcadoiro ara o Alto do Castro gratuíto. O xantar ten aforo limitado e a data límite para apuntarse é o martes 18. Para apuntarse pode chamar ao 637 80 96 61 ou ao 722 51 41 91.

  • Sábado celébrase a VII Festa Gastronómica do Polo Asado de Barcia

    Sábado celébrase a VII Festa Gastronómica do Polo Asado de Barcia

    Xa rematou o prazo de inscrición para a cea que se vai a levar a cabo na VII Festa Gastronómica do Polo Asado de Barcia (Lalín). Esta festividade celébrase no marco das festas na honra da Virxe do Carme que se festexan sábado e domingo na parroquia. A cea, que dará comezo ás 22.00h do sábado, estará animada polo Grupo de Gaitas Repinicando. Ademais, haberá unha verbena amenizada polo Dúo Punto Zero e pola Orquesta Costa Blanca.

    O domingo oficiaráse unha misa a partir das 13.00h que terá unha procesión na Carballeira de Barcia ata a Igrexa. O regreso estará acompañado pola Banda de Música de Vilatuxe. Dita banda amenizará a sesión vermú.

  • Esta fin de semana rematan as festas de Camposancos

    Esta fin de semana rematan as festas de Camposancos

    Domingo rematan as festas patronais de Camposancos (Lalín). Este sábado oficiaráse unha misa na honra de San Benito a partir das 13.00h. Despois, haberá unha procesión e sesión vermut a cargo da Charanga Noroeste. Pola noite, verbena con Reflejos e Nueva Era.

    Domingo celebraráse unha misa na honra da Virxe do Carme ás 13.15h e, a posteriori, levaráse a cabo unha procesión e unha sesión vermut a cargo da Charanga Os Kokakolas.