Etiqueta: Francia

  • Francia movilízase polo Primeiro de Maio

    Francia movilízase polo Primeiro de Maio

    108 axentes resultaron feridos e 291 persoas foron detidas este luns polas movilizacións do Día do Traballador.

  • ÚLTIMA HORA: Un tiroteo en París deixa cando menos 2 mortos e 4 feridos

    ÚLTIMA HORA: Un tiroteo en París deixa cando menos 2 mortos e 4 feridos

    Esta mañá produciuse un tiroteo no distrito X de París. Nel, unnhome de 69 anos matou 2 persoas e deixou feridas a 4, 2 delas moi graves. Segundo fontes oficiais, o tiroteador xa foi detido.

    Actualmente descoñécense as motivacións do tiroteo que se produciu nas proximidades dun centro kurdo, pero a Fiscalía de París abriu unha investigación por “asasinato, homicidio voluntario e violencia agravada”, deixando así, de lado, a motivación terrorista.

    Emmanuel Grégoire, tenente de alcalde de París, publicou unha mensaxe nas redes para transmitir “un pensamento polas vítimas” e polos que presenciaron “o drama”.

    Polo momento, non se difundiu nin a idade nin a nacionalidade das vítimas.

  • España volve a ser campioa de Europa de baloncesto

    España volve a ser campioa de Europa de baloncesto

    ESPAÑA 88-76 FRANCIA

    EUROBASKET. FINAL

    España conseguiu o seu cuarto ouro no Eurobasket tras gañarlle 88-76 a Francia.
    Juancho Hernangómez foi un dos grandes destacados do partido con 27 puntos e 7 triples, 6 deles no terceiro cuarto.

  • Comeza o Tour de Francia coa loita Pogačar-Roglic

    Comeza o Tour de Francia coa loita Pogačar-Roglic

    Hoxe comeza a proba raíña do ciclismo mundial: o Tour de Francia. Neste Tour veremos a loita entre os eslovenos Tadej Pogačar e Primoz Roglic, unha batalla da que non puidemos desfrutar o ano pasado por unha caída deste último.

    A Grand Départ será en Copenhague nunha crono de 13,2km polas rúas da cidade.

    Perfil da etapa 1. ASO

    A segunda etapa será de 202,2km e sairá de Roskilde e nos primeiros 90km pasarán por 3 portos de 4ª categoría. Nos últimos quilómetros antes de chegar á meta situada en Nyborg pasarán por unha ponte de 18km.

    Perfil da etapa 2. ASO

    A terceira e última etapa por Dinamarca sairá de Velje e rematará en Sønderborg. Será unha etapa chá de 182km cun claro final ao sprint.

    Perfil da etapa 3. ASO