Etiqueta: fútbol
-

O Goberno toma medidas tras a non dimisión de Rubiales
Cales son os prazos para a posible destitución de Rubiales?
(máis…) -

A segunda edición da AE League terá 5 divisións divididas en 3 categorías
O pasado martes 4 de xullo PHDnoticias publicaba unha entrevista coa AE League na que se confirmaba que habería unha segunda edición. Hoxe a competición estradense publicou un sondeo para coñecer cantos equipos participarían.
En dito sondeo dáse a coñecer que a competición terá 3 categorías: masculina, feminina e mixta. A categoría feminina terá 8 equipos de participantes de máis de 16 anos. Na categoría mixta atoparémonos con 16 equipos con integrantes de entre 10 e 14 anos. A categoría masculina será a que máis participantes teña dado que a categoría subdividiuse en tres divisións. Para os maiores de 16 anos reserváronse as dúas primeiras, nas que haberá 8 equipos en cada unha, e, a terceira división, terá 16 equipos con participantes de entre 14 e 18 anos.
Serán os equipos os que decidan se a competición será de fútbol sala ou de fútbol 7 e quen decida se a competición se celebra entre o 12 e o 27 de agosto ou entre o 1 e o 10 de setembro.
As cuotas de inscrición deixarán de ser individuais e pasarán a pagalas os equipos. Ditas cuotas, tal e como comentaron na entrevista en PHDnoticias, serán máis caras.
-

Loito no fútbol estradense pola prematura morte de Eloy Rivadulla
O fútbol estradense vestiuse de negro tras coñecer a nova da prematura morte de Eloy Rivadulla Campos. Este futbolista da AD Guimarei era de Santeles e tiña 34 anos e un fillo. Foi o seu clube, do que era membro da directiva, o que anunciou o seu deceso nun comunicado nas redes sociais:
“Foi para todos nós unha honra desfrutar de partidos, momentos e vivencias con el.
Dende o clube queremos dar todos os nosos ánimos e todo o noso amor e apoio á familia e amizades que deixa.
Coidaremos de todos eles como a ti che houbera gustado facelo. Podes descansar tranquilo.
Grazas por todo o que nos deches, nunca xamais te esqueceremos, segue dando guerra alá onde vaias!
Eres eterno, pequeno 9

SEMPRE VERDE
Comunicado da AD Guimarei
“Os seus restos mortais vélanse no Tanatorio San Pelayo. Este sábado ás 11.00h trasladaráse o seu corpo ata a igrexa parroquial de San Xoán de Santeles, onde se celebrará o seu funeral ás 11.15h e, posteriormente, será a inhumación do cemiterio de dita parroquia.
A Escola de Fútbol Base, o Berres, o SP Estrada e a Concellería de Deportes, entre outros, mostraron a través das redes sociais as súas condolencias.
-

España gaña a UEFA Nations League
A Selección Española gañou este domingo a UEFA Nations League na tanda de penaltis contra Croacia. Trátase do primeiro título que consegue nos últimos 12 anos.
O tempo reglamentario transcorreu sen goles, ao igual que a prórroga. Nos penaltis houbo dúas paradas de Unai Simón e un erro do combinado español. O penalti decisivo marcouno Dani Carbajal.
-

Gran fin de semana para Ferrol e Celta B: ambos conseguiron o seu obxectivo
O fútbol galego está de celebración. Tras gañarlle 2-0 ao Celta B, o Ferrol certificou o ascenso directo a Segunda División. Rematan así 15 anos se fútbol profesional en Ferrol e grazas a Jardí, autor dos dous goles.
O Celta B tamén estivo de sorte: grazas ao empate do Linares asegurouse estar nos playoffs de ascenso como quinto clasificado.



