Gresande (Lalín) festexará o Santiago Apóstolo do 24 ao 26 de xullo. O luns haberá unha verbena a cargo de Reflejos e de Cristina e Xela. O martes o Grupo de Gaitas Repenicando realizará un pasarrúas, ás 12.00h oficiaráse unha misa solemne e, despois, a banda de gaitas xa citada, xunto coa Banda de Música de Vilatuxe, amenizará a sesión vermú. O mércores 26 realizaráse unha misa na honra de Santa Ana ás 13.00h.

