Etiqueta: Grupo Wagner

  • Putin blinda Moscova e rumoréase que fuxiu da cidade

    Putin blinda Moscova e rumoréase que fuxiu da cidade

    O convoi do grupo Wagner xa se atopa a menos de 400 quilómetros de Moscova, despois de que lle declararan a guerra ao Ministro de Defensa.

    Dada a situación, está activo o “plan antiterrorista” e está pechada a M-40. Os militares foron despregados no país e, segundo a intelixencia militar ucraína (GUR), “Mosclva prepárase para un asedio”.

    “Moscova está practicamente illada polas forzas policiais e as unidades militares”. “Hai patrullas en cada cruce e nas saídas da cidade” e “un gran número de autobuses sen matrícula ou inscricións con homes armados no seu interior circulan pola cidade”, engade a GUR.

    Segundo esta mesma fonte, o equipamento militar que se atopaba nas rexións fronteirizas está sendo trasladado á capital rusa e hai postos de control vixiados con armas en todas as saídas da autopista. Ademais, informan, as autoridades rusas teñen permiso para “escoitar calquera conversa e revisar a correspondencia, levar a cabo detencións e cacheos e acceder a oficinas e vivendas”.

    A BBC informou que os edificios públicos da cidade están sendo desaloxados.

    Posible fuxida de Putin

    Con este escenario, difundiuse a través das redes sociais o rumor de que Putin tería fuxido de Moscova e iría dirección San Petersburgo. O goberno ruso negouno.

  • Rusia ante o inicio dunha guerra civil: Wagner sublévase

    Rusia ante o inicio dunha guerra civil: Wagner sublévase

    Rusia atópase ante o que pode ser o inicio dunha guerra civil no país: onte á noite o grupo Wagner, un grupo de mercenarios, declaroulle a guerra ao Ministro de Defensa alegando que o exército ruso atacara campamentos de retaguarda do grupo. O goberno de Putin desmentiu ese posible ataque e, o Presidente do país, anunciou, referíndose ao grupo Wagner, que se van enfrontar aos traidores da patria.

    O levantamento militar comezou na cidade de Rostov do Don e está avanzando cara o norte. Segundo diversas fontes, os sublevados atópanse na rexión de Voronezh, a un 500 quilómetros ao sur de Moscova. Como reacción a isto, cortouse a autovía M-40 en diferentes tramos para impedir o avance de Wagner.

    Rusia despregou o seu exército como parte do “plan antiterrorista” e conta co apoio dos chechenos.

    PHDnoticias continuará informando ao longo do día do que vaia sucedendo en diferentes artigos.