Etiqueta: guerra

  • REPOR| Sudán, onde a democracia non consegue chegar

    REPOR| Sudán, onde a democracia non consegue chegar

    Sudán é un estado no que a democracia parece estar prohibida, e así o demostraron os últimos acontecementos.

    Era sábado, e 15 de abril. E o que levaba ameazando con suceder finalmente sucedeu: os conflitos armados volveron ás rúas do país. Pero, por que pasou?

    Para comezar imos poñer o contexto: Sudán viviu durante 30 anos nunha ditadura. En 2018 comezou unha revolta popular que culminou cun golpe de estado o 11 de abril de 2019. O golpe de Estado douno o ministro de Defensa e prometeu que se realizaría unha transición democrática. E así foi, ata que en 2021 douse outro golpe de Estado. No goberno que saíu deste golpe de Estado temos ás dúas persoas claves na situación actual: Abdefatá al Burhan, líder do Exército, e Mohamed Hamdan Dagalo, tamén coñecido como Hemedti, que é o líder das Forzas de Apoio Rápido, unha organización paramilitar.

    O país comezou un novo proceso de transición democrática, pero as tensións surxidas entre ambos líderes pola unificación do exército fixeron que os acordos non se puideran firmar en prazo. As ameazas verbais pasaron a ser un despregamento non autorizado das Forzas de Apoio Rápido e no posterior conflito armado que comezou o sábado 15.

    Deste xeito púxose fin a un desexado novo intento de conseguir a liberdade do pobo sudanés. 

  • Dous misís, posiblemente rusos, caen en territorio da OTAN

    Dous misís, posiblemente rusos, caen en territorio da OTAN

    Dous misís caíron esta tarde en territorio polaco, na localidade de Przewodow, que se atopa pegada á fronteira con Ucraína. A causa deste suceso morreron dúas persoas. O Goberno polaco reuniuse de emerxencia e elevou o nivel de alerta militar na fronteira con Ucraína e valora recurrir ao artigo 4 da OTAN, que abre consultas entre aliados. Sospéitase que os misís eran rusos, pero o Pentágono non o confirma, pero si que lanzaron un aviso: “Cando se trata dos nosos compromisos coa seguridade e o artigo 5, fomos cristalinos: defenderemos cada centímetro do territorio da OTAN”. Rusia, pola súa parte negou que os misís foran seus, segundo eles nas fotografías non hai indicios que foran deles, e acusou a Polonia de “provocar unha escalada no conflito”.

     Entre algunha das teorías sobre estes misís atópanse un ataque intencionado de Rusia ou que sexan misís derribados por Ucraína.

    Artigo 5 da OTAN

    “As Partes acordan que un ataque armado contra unha ou máis delas, que teña lugar en Europa ou en América do Norte, será considerado como un ataque dirixido contra todas elas, e en consecuencia, acordan que se tal ataque se produce, cada unha delas, en ecercicio do dereito de lexítima defensa individual ou colectiva recoñecido polo artigo 51 da Carta das Nacións Unidas, axudará á Parte ou Partes atacadas, adoptando seguidamente, de forma individual e de acordo coas outras Partes, as medidas que xuzgue necesarias, incluso o emprego da forza armada, para restablecer a seguridade na zona do Atlántico Norte. Calquera ataque armado desta natureza e todas as medidas adoptadas en consecuencia serán inmediatamente postas en coñecemento do Consello de Seguridade. Estas medidas cesarán cando o Consello de Seguridade tome as disposicións necesarias para restablecer e manter a paz e seguridades internacionais”

  • Rusia avisa sobre unha posible Terceira Guerra Mundial

    Ataque con misís en Ucraína

    O ingreso de Ucraína na OTAN provocaría a Terceira Guerra Mundial, avisou este xoves Alexandr Venedíktov, subsecretario do Consello de Seguridade de Rusia, ao comentar a solicitude de Kíiv tras a anexión de Rusia de 4 rexións ucraínas.

    “Kíiv comprende perfectamente que levará a unha escalada garantizada ata a Terceira Guerra Mundial”, dixo o político ruso nunha entrvista na axencia rusa TASS.

    Ademais, onte a OTAN ameazou a aplicación do artigo 5 se Rusia ataca máis obxetivos de Occidente. Este artigo di que ” ataque a un dos membros da organización significa o ataque a todos os seus membros.

  • “Deus púxote no poder”. A curiosa felicitación de aniversario a Putin

    “Deus púxote no poder”. A curiosa felicitación de aniversario a Putin

    Este venres Putin fai 70 anos e destaca unha das felicitacións que recibiu. O xefe da Igrexa Ortodoxa rusa, o patriarca Kirill, emitiu unha felicitación na que, segundo recolle a axencia AFP, dixo “Deus púxote no poder”. Ademais, onte o patriarca chamou aos rusos a rezar pola saúde do presidente.

    O patriarca Kirill é un dos principais aliados de Putin. Desde o primeiro día apoiou a “operación especial” en Ucraína e dixo que todos os que se atopan no campo de batalla, “lavan todos os seus pecados”.

    Desde que Putin chegou ao poder no ano 2000, a Igrexa recuperou moitas das propiedades expropiadas pola Unión Soviética.

  • Medran as sospeitas de movilización xeral dos rusos na guerra de Ucraína

    Medran as sospeitas de movilización xeral dos rusos na guerra de Ucraína

    Putin retasou in extremis en 24 horas a comparecencia que tiña prevista para esta noite. Nela, crese que se decidirá o futuro da guerra en Ucraína no que se sospeita que será o final da guerra ou a mobvilización xeral dos rusos.

    Nas última horas, o presidente turco Erdogan dixo que o seu homólogo ruso estaría “pensando en poñerlle fin á guerra” e que calquera tipo de acordo de paz “pasaría pola devolución dos territorios invadidos”.

    Ademais, nas últimas horas as rexións separatistas ucraínas están propoñendo a realización de referendos exprés de anexión a Rusia.

  • Un final próximo á guerra en Ucraína?

    Un final próximo á guerra en Ucraína?

    Varios medios internacionais afirman de Valadimir Putin, presidente ruso, estaría a piques de dirixirse á nación nunha mensaxe relacionada coa guerra en Ucraína.

    Xusto no mesmo día no que as rexións separatisitas ucraínas están propoñendo a realización de referendos exprés para anexionarse a Rusia e no que Erdogan, presidente turco, dixo que Putin estaría pensando en rematar a guerra.

  • Finlandia solicita entrar na OTAN … e Rusia ameaza de guerra?

    Xoves 12 de maio de 2022, día que pode ser clave nos vindeiros meses e anos. Hoxe Finlandia anunciou a súa intención de ingresar na OTAN. Só lles fai falla a aprobación do Parlamento e todo parece indicar que si que teñen o permiso dos grupos políticos. E da poboación. As últimas enquisas indican que o 66% dos cidadáns están a favor de ingresar na organización.

    E cando xa teñan a aprobación, só lles queda realizar a solicitude e, despois, que a OTAN dea o aprobado. Algo que parece que vai pasar. Desta forma, Finlandia xa podería estar dentro da organización antes de final de ano.

    Pero un dos catro veciños de Finlandia non está a favor diso. Sabes quen é? Si, Rusia. É máis, o Goberno dese país xa dixo que, se Finlandia se une á OTAN, tomarán medidas e que poñerán armas nucleares no mar Báltico. E é que, señoras e señores, tanto Finlandia como Suecia teñen un principio de neutralidade en decisións que teñan que ver con Rusia. Ou tiñan, porque Suecia tamén avisou de que decidirá, cando teña o seu informe de seguridade, se tamén solicita entrar na OTAN.