Etiqueta: incendios

  • O Gran Camiño: o día no que os ciclistas deixaron de ser importantes no ciclismo

    O Gran Camiño: o día no que os ciclistas deixaron de ser importantes no ciclismo

    A meteoroloxía volveu a xogar unha mala pasada no Gran Camiño coa suspensión do ascenso ao Alto de Santa Mariña (1ª categoría) polo descenso. Así, ás 13.50h daba inicio a terceira etapa entre Esgos e o Alto do Castelo (Rubiá).

    Perfil da etapa antes da modificación. O GRAN CAMIÑO

    Os ciclistas rodaban por Rubiá con moito ritmo para coller o cruce para subir o Alto do Castelo, un cruce no que a colocación era vital debido a que se pasaba dunha estrada provincial a un camiño rural. O pelotón comezou a estirarse e quedaron só en cabeza Jonas Vigegaard e Atila Valter (Jumbo Visma), Ruben Guerreiro (Movistar) e Ion Izaguirre (Cofidis). Valter deixou de tirar polo seu compañeiro e comezou o espectáculo: Vingegaard atacaba e deixaba atrás primeiro a Izaguirre e despois a Guerreiro.

    Vingegaard cruzando a meta. EUROSPORT

    Deste xeito o danés volvía a gañar neste Gran Camiño e o portugués Ruben Guerreiro quedaba segundo. O vasco Ion Izaguirre sufiu unha caída nun tramo de curvas cheo de lama e quedou máis atrás na clasificación da etapa.

    Entre innovacións e emocións

    Esta etapa foi pensada como unha homenaxe. A zona pola que transcurriron os últimos quilómetros foi vítima da última vaga de incendios en Galicia, máis concretamente pola zona afectada polo 2º incendio forestal máis grande na historia de Galicia. Durante a retransmisión da etapa combináronse as imaxes dos ciclistas subindo o último porto coas imaxes das zonas afectadas polos incendios. Chegamos a ver a Jonas Vingegaard rodando con zonas queimadas ao seu arredor.

    E aquí chegou a innovación: por primeira vez empregouse un dron na retransmisión e puidemos estar máis preto que nunca dos ciclista e á vez da zona afectada polos lumes.

    Especial do Planeta de Hoxe en Día sobre a vaga de incendios.

    O remate dunha edición

    Mañá celebraráse unha contra o reloxo entre Novo Milladoiro (Ames) e Santiago de Compostela na que se rematará de decidir esta segunda edición do Gran Camiño, aínda que todo apunta a que o actual líder, Jonas Vingegaard, será quen gañe a proba.

  • 5 ANOS DESDE QUE ARDEU GALICIA: Vigo conmemora o aniversario do incendio que afectou aos seus montes

    5 ANOS DESDE QUE ARDEU GALICIA: Vigo conmemora o aniversario do incendio que afectou aos seus montes

    O 15 de outubro de 2017 o lume chegaba a Vigo cidade. Ringleiras de persoas axudaban con caldeiros na extinción das lapas dun incendio que calcinou 600 hectáreas de arboredo.

    A mancomunidade de Valadares levaba 30 anos traballando para construir un anel verde de 50 quilómetros. O seu presidente lembra como tivo que desaloxar algunhas persoas que facían fotos no montte aquela noita e logo fuxir correndo das lapas.

    No acto conmemorativo estivo o director xeral de ordenación forestal, que dixo ter a man tendida para apoiar a mancomunidade na xestión do monte.

    Tamén gabou a xestións dos montes de Vigo, dos que goza moita cidadanía. A representante municipal Uxía Blanco leu un poema de Serrat co que lembrou que sen árbores e sen abellas non haberá mel.

    GUÍA BÁSICA PARA ENTENDER OS INCENDIOS FORESTAIS (artigo PHD)
    Un venres 13 de outubro no ano 2017 comezaba a última vaga de incendios de importancia. Ao mediodía do domingo 15 había 140 incendios activos (60 máis que a primeira hora). Producíronse cambios brusco do vento por culpa dos restos do furacán Ophelia. Os municipios máis afectados foron os de Pazos de Borbén, As Neves, Salvaterra de Miño, Baiona e Gondomar. O lume chegou á cidade de Vigo, onde os veciños fixeron cadeas humanas para parar os efectos do lume. Ademais houbo que despregar medios para evitar que entraran máis lumes desde Portugal. Na vaga de incendios faleceron 2 persoas en Chandebrito (Nigrán) intentado fuxir das lapas, outra en Vigo e unha última en Carballeda de Avia.
    Ler entrada completa
  • Un incendio no aparcadoiro subterráneo de Orzán deixa catro coches calcinados

    Un incendio no aparcadoiro subterráneo de Orzán deixa catro coches calcinados

    Os bombeiros da Coruña deron por controlado o incendio no aparcadoiro subterráneo de Orzán. O incendio afectou a 4 vehículos que quedaron calcinados.

    A intensa fumareda obrigou a desaloxar a zona e provocou problemas no tráfico.