Etiqueta: Instagram

  • O BNG descarta que Vanesa Iglesias dimita

    Nunha reunión celebrada onte no BNG da Estrada descartouse a posibilidade de que Vanesa Iglesias, concelleira de dito partido, dimita tras a polémica xurdida por un comentario en Instagram sobre o aborto de Isabel Díaz Ayuso. Xoán Reices, portavoz da formación na Estrada, dixo que ela “cometeu un erro” pero que “rectificou, eliminando o comentario” e que ela “é consciente do erro cometido” e “pediu sinceras disculpas públicas, como á nosa corporación”. “Consideramos que isto é suficiente e agora o que toca é centrarse na labor de oposición. Polo tanto, non vai dimitir”, zanxaba o tema Reices.

  • Este xoves será o lanzamento do Twitter de Meta

    Este xoves será o lanzamento do Twitter de Meta

    Twitter está en horas baixas e Mark Zuckenberg, propietario de Meta, sábeo. Por iso este xoves lanzará Threads. Esta aplicación nace co obxectivo de que os cada vez máis frustrados usuarios de Twitter marchen da aplicación de Musk.

    Threads funciona igual que Twitter: podes escribir algo e publicalo, responder, darlle a gústame, rechouchialo e compartilo con outras persoas ou a través dalgunha aplicación externa. Tamén podes subir multimedia e seleccionar quen o pode ver: todos, a quen segues ou só os mencionados.

    Threads traballa con Instagram e, de feito, defínese como “a aplicación de conversacións baseadas en texto de Instagram”. Nas capturas da App Store vemos como pon que podemos iniciar sesión con dita aplicación e que podes seguir ás mesmas contas que en Instagram.

    De momento só a podemos atopar na App Store e cun anuncio de que se poderá descargar “próximamente”- posiblemente a partir de xoves. Estará dispoñible en 30 idiomas, entre os que se inclúe o español.

  • Elon Musk podería deixar Twitter por culpa dunha enquisa

    Elon Musk podería deixar Twitter por culpa dunha enquisa

    Elon Musk, propietario de Twitter, anzou este luns un sondeo desde a súas propia conta de Twitter para preguntarlle aos usuarios se debería seguir dirixindo a rede.

    No tweet escribiu: “Debo seguir á cabeza de Twitter? Acatarei os resultados deste sondeo”. Tras doce horas de votación e máis de 17,5 millóns de votos os resultados son claros: o 57,5% dos votantes non quere que siga ao frente de Twitter.

    Tamen tuiteou outra mensaxe na que anunciou que “haberá unha votación para cambios maiores de política (na rede)”, e engade “Desculpas, non voltará a suceder”, sen aclarar a que se refire.

    Ademais, comentou na rede social que “non se trata de atopar un director executivo (CEO), trátase de atopar un director executivo que poida manter Twitter con vida”, porque Twitter “está en vía rápida cara a bancarrota desde maio”.

    Musk leva sendo polémica desde antes de chegar á compañía, pero as súas decisións de reducción de traballadores ou de censurar a xornalistas e blogueiros que se mostraban críticos con Twitter, están levando á rede a unha situación peor que está facendo que aumente o número de usuarios en redes sociais similares como Mastodon. Por se non fora pouco, Meta anunciou que en Instagram crearáse a función de ‘Notes’, un espazo onde os usuarios poderán escribir breves textos que desaparecerán ás 24 horas.

    Nada de ligazóns da competencia

    Logo de Mastodon

    Esta fin de semana a conta de Twitter Support publicou un fío no que daba as razóns polas que se suspendera a conta de Mastodon, unha rede social similar a Twitter:

    “Recoñecemos que moitos dos nosos usuarios están activos noutras redes sociais. Non obstante, xa non permitiremos a promoción gratuíta de certas redes sociais en Twitter. Concretamente, eliminaremos as contas creadas co único fin de promocionar outras redes sociais e o contido que inclúa ligazóns ou nomes de usuario para as seguintes redes sociais: Facebook, Instagram, Mastodon, Truth Social, Tribel, Nostr e Post”

    Horas despois, a compañía do paxariño azul recuaba e restablecía a conta de Mastodon e eliminaron o chío, aínda que a Mastodon doulle tempo a contestar tirando de historia:

    “Como empresa do leste de Alemaña sabemos que construir un muro para tratar de evitar que a xente se vaia non é boa idea”