Etiqueta: Italia

  • Vaga de incendios no Mediterráneo: rodeados polo lume en Sicilia

    Este é o momento no que un hidroavión estrélase mentras extinguía un incendio en Eubea, Grecia. Os dous ocupantes faleceron no accidente. Este é un dos múltiples incendios que está afectando ao Mediterráneo. No país heleno o máis grave atópase na illa de Rodas onde estáse levando a cabo a maior evacuación da historia do país por culpa dun incendio. 

    En Italia o peor atópase en Sicilia, coa illa ardendo en múltiples puntos e, en Arxelia, xa se produciron 34 mortes a causa dos lumes.

  • 9 mortos nas inundacións no norte de Italia

    9 mortos nas inundacións no norte de Italia

    As choivas torrencias que azoutan Emilia Romaña provocaron o rebordamento de todos os ríos da rexión e a evacuación de 10.000 persoas.

  • 1 morto e 4 feridos nun apuñalamento en Italia, entre eles un futbolista en español

    1 morto e 4 feridos nun apuñalamento en Italia, entre eles un futbolista en español

    Un italiano apuñalou este xoves a 5 persoas, matando a unha delas e deixando a 3 feridas de gravidade, nun supermercado en Assago, nas aforas de Milán. O implicado foi detido case ao momento, tras ser retido polos presentes, informou a policía. O falecido é o caixeiro do supermercado.

    O ataque producíuse aorredor das 18.30h cando un home de 46 anos colleu un coitelo dos estantes dun supermercado Carrefour situado no interior dun centro comercial, e comezou a apuñalar aos presentes, ferindo a 5 dos presentes. Entre os atacados hai 4 homes de 28, 30, 40 e 80 anos e un menor de idade. O caixeiro do supermercado, de 30 anos de idade, faleceu cando era trasladado en helicóptero.

    Segundo as primeiras informacións, o agresor tiña problemas mentais e estaba sendo tratado por unha forte depresión. A cadea Carrefour expresou nunha nota “a súa máxima cercanía aos empregados e clientes involucrados no ataque e ás súas familias” e confirmou que rápidamente se avisou á policía. Ademais, a empresa puxo á disposición dos empregados afectados directa ou indirectamente involucrados no incidente.

    Segundo fontes próximas ao clube Monza Calcio, tal e como recolleu o diario Corriere della Sera, o futbolista español Pablo Marí, resultou ferido no ataque.