Etiqueta: La Voz de Galicia

  • O mozo que agrediu a Rajoy acoitela a un xornalista de La Voz de Galicia

    O mozo que agrediu a Rajoy acoitela a un xornalista de La Voz de Galicia

    O xornalista Alfredo López Penide, xornalista da delegación de Pontevedra do xornal La Voz de Galicia, resultou ferido tras o ataque dun mozo na redacción do xornal. O autor, Andrés de Vicente Fuentes, presentouse na redacción e, visiblemente alterado, comezou a berrarlle a unha empregada que el era o mozo que agredira a Mariano Rajoy en 2015 e que ía a queixarse dunha publicación sacada polo xornal na que se informaba dunha nova condena do mozo. Tras isto, sacou un rodete de cociña e un coitelo e comezou a golpear os equipos informáticos da entrada.

    A empregada fuxiu para refuxiarse nun supermercado próximo. Isto aproveitouno De Vicente para acceder á redacción, onde se atopaba traballando López Penide. O xornalista foi atacado, recibindo cortes no brazo e nunha man e unha picada no peito. López Penide conseguiu escapar do ataque para refuxiarse no mesmo supermercado que a súa compañeira.

    Nese intre chegaron dúas redactoras e, ao ver que o atacante permanecía na redacción, aproveitaron para pechar por fóra para que non puidese saír ata a chegada da policía. Foi necesaria a intervención de seis axentes para que o agresor depuxese a súa actitude. Unha vez detido,foi trasladado á Unidade de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP).

    De Vicente Fuentes, con 17 anos, pegoulle unha puñada na cara ao expresidente do Goberno Mariano Rajoy nun acto de campaña electoral en 2015. No 2019 foi detido por golpear a un dirixente de VOX e, en 2020, volveu a ser detido, esta vez por agredir a un cliente dun bar de Ourense e, ademais, dirixiuse aos presentes coas palabras “ides morrer todos”.

    Moitos medios de comunicación mostraron o seu apoio ao compañeiro de La Voz de Galicia agredido, entre os que se atopa o propio xornal.

    Desde PHDnoticias temén queremos mostrar o noso apoio ao xornalista.