Etiqueta: Municipais
-

ELECCIÓNS 28M| Aumenta a participación ata as 14.00h
A participación nas eleccións municipais ás 14h era do 36,7%, un 1,6% máis que nos comicios de 2019. En Galicia a participación situábase no 35,57%, un 1,37% máis que nos pasados comicios municipais.
Nos municipios de Melilla, Mojácar e Albudeite, que foron centro da actualidade electoral polos casos de compra de votos, a participación descendeu.
-

Xoán Reices entrevístase no Pérez Viondi
O CEIP Pérez Viondi realizou unha serie de especiais electorais nos que entrevistan aos candidatos. A última entrevista foi realizada ao candidato do BNG á alcaldía da Estrada, Xoán Reices.
-

Os candidatos de PP, PSOE e Móvete entrevístanse no Pérez Viondi
O CEIP Pérez Viondi levou a cabo unha serie de entrevistas no marco dun programa titulado “Eleccións municipais. As repostas”. Polo centro pasaron a entrevistarse José López Campos, candidato do PP; Luis López Bueno, candidato do PSOE, e Mar Blanco Casais, candiadata de Móvete.
Todos os programas foron realizados polo alumnado de 6º de Primaria.
-
O PSOE quere crear espazos comúns no rural
O PSOE da Estrada propón crear espazos no rural nos que se combinen centros de día para os maiores con espazos para os rapaces nos que poidan recibir clases particulares e ter actividades. Estes espazos atoparíanse nas escolas unitarias. Para poder chegar aos centros, habería un servizo de transporte baixo demanda.
-

O BNG quere que a Casa Marcial Valladares e a Torre e o Pazo de Guimarei pasen a ser públicos
O BNG criticou que o goberno do PP “non se caracterizou por defender e dignificar o noso patrimonio”, poñendo como exemplo os casos da Torre e do Pazo de Guimarei e da pérgola da Alameda, actualmente sita na parte posterior do edificio da Fundación e Exposicións da Estrada.
Por iso, o partido nacionalista comprometeuse a sacar os edificios de Guimarei citados anteriormente “da silveira na que levan anos ocultos para poñelo en valor para uso e desfrute dos veciños e veciñas da Estrada”.
Pero tamén poñen o foco na casa de Marcial Valladares en Berres, dado que cren que a casa do autor de Maxina ou a filla espúrea “pode ser o marco no que celebrar todo tipo de eventos relacionados coa cultura, a historia, … e converter ese espazo na casa museo deste insigne escritor e intelectual estradense”.

