Etiqueta: Obras
-

O BNG urxe un aparcadoiro para os camións
Tamén presentaron unha moción para a retransmisión dos plenos por Internet e queixáronse polas árbores secas na Praza da Feira.
(máis…) -

Adxudicado o acondicionamento dunha fachada do Novo Mercado
Tamén se arranxará a cuberta do edificio de Emerxencias
(máis…) -

A construción do novo barrio da Estrada tirará abaixo 4 casas
Tras unha semana de reunións con 41 propietarios de fincas, o Concello desvelou que o desarrollo da Avenida de América tirará abaixo 4 vivendas (2 delas habitadas). Por iso, a última reunión de onte foi cos propietarios das vivendas.
As vivendas atópanse no Camiño da Caldesiña (o camiño que vai entre a rúa Antón Losada Diéguez e o Cruceiro). No marxe esquerdo da rúa hai unha casa de pedra habitada e, no dereito, hai 3 vivendas (1 alugada e 2 deshabitadas). As 4 edificacións serán derrubadas para a construción dun vial que comezará no Cruceiro e para o que tamén haberá que derrubar parte dun muro de pedra para dirixirse á Travesía de América.
Gonzalo Louzao, edil de urbanismo, explicou aos propietarios que o valor das súas vivendas determinaráse en función do valor de construción actual e o seu estado de conservación (o que faría unha inmobiliaria para vender a vivenda). Louzao explicou que non hai maneira posible de manter ditas edificacións no proxecto e que o derrubamento vén marcado xa polo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Xa no PXOM se prohibira a comstrución de novas vivendas na zona.
Tampouco serán as únicas perdas de terreo neste proxecto, pois os propietarios de edificios que teñen fachada na Avenida de América perderán prácticamente por completo a finca traseira que teñen.
Así será o desarrollo da Avenida de América

Plano do desarrollo O desarrollo da Avenida de América será o segundo desarrollo baixo o amparo do PXOM e o primeiro de promoción pública (o outro, o da Avenida de Pontevedra, é de promoción privada). O proxecto xa vai con anos de demora.
Nel, ampliaránse as rúas Forcarei e Cerdedo (a do Mister Pizza e a paralela), completaránse a rúa Bernardo Rodríguez e a 2ª Travesía de América e haberá un vial de servizo por detrás das vivendas traseiras da Avenida de América. Tamén se proxecta unha alameda de 15 metros de ancho, zonas para edificar con 3 plantas e baixo cuberta e, no terreo que se ía empregar para a construción do novo centro de saúde (finalmente construído na Baiuca), poderíase crear un parque mantendo a área boscosa actual.
Os trámites administrativos durarían entre 3 e 4 anos e, despois, comezaría a comstrución deste proxecto.
Imaxe: Faro de Vigo
-
Mañá produciránse cortes no subministro de auga
Os traballos que se están a realizar na Porta do Sol dentro do proxecto de reforma da Praza da Feira motivarán cortes puntuais no subministro de auga na Porta do Sol, na avenida de Ponteareas e na rúa Ulla. Estes cortes serán puntuais e comezarán ás 8.00h. O subministro intentaráse restablecelo o antes posible.


