Pasadas as doce da noite no barrio do Couto en Ourense, unha pelexa rompía a serenidade nocturna. Nun vídeo grabado desde unha fiestra pódese ver como un home comeza a pegarlle unha malleira a outro. Mentras, unha terceira persoa intenta mediar cunha pistola na man.
Pero as cousas tornaron e o que estaba sendo agredido pegoulle unha malleira superior ao primeiro agresor e o mediador uniuse.
Cando chegou a Policía Local, atoparon a un home no chan, con feridas sobre todo na cabeza. O home foi trasladado ao hospital. Trátase dun veciño de Oirense de 35 anos.
Un dos implicados, un ourensán de 32 anos, foi detido na mesma noite. O outro, un homa de nacionalidade romanesa de 25 anos, colleuno a Policía Local o día seguinte, seguindo as indicacións dunha testemuña.
A arma que se ve no vídeo, supostamente falsa, aínda non apareceu.