Etiqueta: PHDn

  • PHDnoticias chega a Twitter e faino cun tweet de independencias

    PHDnoticias chega a Twitter e faino cun tweet de independencias

    PHDnoticias puxo hoxe en marcha a súa conta de Twitter e o seu primeiro tweet foi adicado á súa historia. Nel lembra como foi creado (por casualidade) hai máis dun ano, como independizou a súa web da do Planeta de Hoxe en Día e, como agora, fai o mesmo en Twitter.

    Desde O Planeta de Hoxe en Día non tardaron en responder, dando a entender que era algo que había que facer.

    Hai que lembrar que desde PHDnoticias xestionouse a cobertura especial de varios eventos deste ano como a guerra en Ucraína, a vaga de lumes deste verán ou a morte de Isabel II.

  • PHDn adapta as súas noticias aos novos tempos

    PHDn adapta as súas noticias aos novos tempos

    O Planeta de Hoxe en Día Noticias (PHDn) fixo cambios na súa tipografía, paleta de cores, logo e forma de contar as noticias.
    Desde hoxe as noticias terán un formato breve e poderánse ler na web ou en vídeos breves en Instagram.

  • A competencia estradense de PHDn

    A competencia estradense de PHDn

    Os 10 centros educativos estradenses en colaboración con Dinamizaestrada e o Concello están a realizar uns pequenos informativos dentro do marco dunha iniciativa para fomentar o uso do galego. Cada centro educativo gravou un informativo cunha parella de presentadores e diferentes reporteiros.

    O primeiro informativo publicouse hoxe ás 12.00h na canle de YouTube do Concello da Estrada. Esta primeira edición é a correspondente ao IES Manuel García Barros. Os seus presentadores foron Mario e Manuel e contaron con entrevistas a Ana a conxerse, Pepe o encargado da cafetería e aos deportistas Jorge Espiño, que “xoga a empatar”, e a Abel, que “xoga a gañar”.

    Os luns, mércores e venres ás 12.00h publicaránse as vindeiras edicións. A seguinte edición corresponderá ao colexio de Oca.

  • O Planeta de Hoxe en Día presenta o novo PHDn

    O Planeta de Hoxe en Día presenta o novo PHDn

    O Planeta de Hoxe en Día anunciou as novidades que se producen desde hoxe en relación ao seu apartado informativo: O Planeta de Hoxe en Día Noticias (PHDn) conta cunha páxina web propia, unha canle de YouTube e unha nova imaxe para os seus resumos informativos.