Etiqueta: Portugal

  • Os portugueses continúan buscando a primeira-feira

    Os portugueses continúan buscando a primeira-feira

    Os días en Portugal teñen nomes diferentes aos empregados en España e outros países europeos. Alí a semana comeza en segunda-feira e continúan ca terça-feira, quarta-feira, quinta-feira e sexta-feira, algo que confunde moito aos seus cidadáns e visitantes, pois non existe a primeira-feira.

    “Desde que me mudei a Portugal non sei en que día vivo” asegura un español residente no país luso. Expertos atópanse investigando o feito de que non exista a primeira-feira, pois “das primeiras cousas que nos ensinan nas escolas é que antes do segundo ten que haber algo que sexa o primeiro”.

    Pero por que non existe a primeira-feira?

    Moitos historiadores atópanse investigando por que non existe a primeira-feira, pero algún xa apunta a que se debería a “algún despistado que non estudou o suficiente”.

  • Marque perde 24 segundos no prólogo da Volta a Portugal

    Onte comezou a Volta a Portugal cun prólogo por Lisboa. O percorrido era completamente chá por Lisboa.

    A loita contra o crono gañouna o portugués Rafael Reis (GLASSDRIVE / Q8 / ANICOLOR) cun tempo de 6 minutos 11 segundos. En segunda posición quedou o seu compañeiro de equipo e compatriota Mauricio Moreira, a 9 segundos. O podio conformouno o inglés do Trinity Racing Oliver Rees, co mesmo tempo que Moreira.

    A 24 segundos quedou o estradense Alexandre Marque. Atópase 32° na xeral. Na recta final do prólogo tivo un problema co radio da bicicleta, que tal e como declarou á RTP, tivo que colocalo el. Aínda así, non tivo oportundidadd de victoria.

    A etapa de hoxe sairá de Vila Franca de Xira e percorrerá 193km ata chegar a Elvas. As únicas dificultades coas que se atopará o pelotón serán varios repeitos e dous portos de cuarta categoría.