Este xoves comeza unha nova edición da Rapa das Bestas de Sabucedo. Este evento que atrae a persoas de todo o planeta alongaráse ata o luns cun programa repleto de actividades.
O xoves celebraráse ás 21.00h unha gala na honra dos aloitadores. O venres celebraráse unha misa na honra de San Lourenzo ás 6.30 da mañá. Ás 7.00 sairáse desde o Celeiro a buscar ás bestas, e regresaráse ás 17.30h.
O sábado recolleránse as bestas no Castelo ás 11.00h e chegarán a Sabucedo ás 14.00h. Ás 19.00 celebraráse o primeiro curro. Ás 12.00h do domingo será o segundo curro e, o luns á mesma hora, o terceiro.
Paralelamente á Rapa celébrase o Rapasons. O venres estarán a Tralha da Terra de Montes (pasarrúas ás 20.00h), Sheila Patricia, Balkan Bomba, Brinkadelia Troupe e Funkiwis (23.00h).
O sábado actuarán Udra (Palco da Fonte, 14.30h), Fanfarria Taquikardia (Palco da Fonte, 16.00h), Tequexetéldere (Curro, 18.30h), Mekánika Rolling Band (21.00h), La Banda de Ayer e Flavia Blanco Show (Campo do Medio, 23.00h).
O domingo será o turno de Gabi Reboredo (Curro, 11.30h) e Festicultores Troupe (14.00h). Ás 16.30 dará inicio un festival no Palco da Fonte coas Pandereteiras do Val de Quireza, Polo Correo do Vento, Pakolaas e Catuxa Salom. Pola noite, verbena no Campo do Medio da man de Miramar e Dolce Vita. Airiños de Caldelas actuará nos tres curros e polo pobo durante toda a fin de semana.

Como todos os anos, ponse a disposición dos asistentes un autobús para chegar a Sabucedo. O autobús sae do Concello e para na Consolación e en Codeseda antes de chegar a Sabucedo.
O venres sae ás 21.00 da Estrada e a volta realízase ás 5.00. O sábado a primeira saída dirección Sabucedo produciráse ás 16.30 e, a segunda, ás 22.30. Os regresos realizaránse ás 21.30 e ás 5.00. O domingo a partida produciráse ás 11.00 e o regreso, ás 17.00.


