Etiqueta: Redes Sociais

  • FLASH PHDnoticias| 11 de febreiro de 2023

    Dous equipos españois comseguiron rescatar vivos a dous rapaces en Turquía. Ademais, o número de vítimas mortais chegan a 25000, pero poderían chegar aos 50000. Por iso estánse facendo cemiterios in extremis.

    En Verín saíron á rúa reclamando melloras no servizo de pediatría, onde só hai 1 pediatra dos 3 necesarios.

    O Real Madrid gañou o Mundial de Clubes.

    AuronPlay deixa os Squid Craft Games 2 e non volverá a stremear ata dentro de varios meses.

    O Planeta de Hoxe en Día estrea este domingo un vídeo resumindo as cancións do Festival da Canção.

  • Elon Musk finalmente non dimite como director de Twitter

    Elon Musk finalmente non dimite como director de Twitter

    Elon Musk, propietario único de Twitter, dixo hoxe na rede social que dimitirá como director executivo “tan cedo como atope a alguén o suficientemente parvo como para tomar ese posto”. Isto chega despois de que lanzara unha enquisa sobre se debía deixar de dirixir a rede social e o 57% dos máis de 17 millóns de votos foran afirmativos.

  • Elon Musk podería deixar Twitter por culpa dunha enquisa

    Elon Musk podería deixar Twitter por culpa dunha enquisa

    Elon Musk, propietario de Twitter, anzou este luns un sondeo desde a súas propia conta de Twitter para preguntarlle aos usuarios se debería seguir dirixindo a rede.

    No tweet escribiu: “Debo seguir á cabeza de Twitter? Acatarei os resultados deste sondeo”. Tras doce horas de votación e máis de 17,5 millóns de votos os resultados son claros: o 57,5% dos votantes non quere que siga ao frente de Twitter.

    Tamen tuiteou outra mensaxe na que anunciou que “haberá unha votación para cambios maiores de política (na rede)”, e engade “Desculpas, non voltará a suceder”, sen aclarar a que se refire.

    Ademais, comentou na rede social que “non se trata de atopar un director executivo (CEO), trátase de atopar un director executivo que poida manter Twitter con vida”, porque Twitter “está en vía rápida cara a bancarrota desde maio”.

    Musk leva sendo polémica desde antes de chegar á compañía, pero as súas decisións de reducción de traballadores ou de censurar a xornalistas e blogueiros que se mostraban críticos con Twitter, están levando á rede a unha situación peor que está facendo que aumente o número de usuarios en redes sociais similares como Mastodon. Por se non fora pouco, Meta anunciou que en Instagram crearáse a función de ‘Notes’, un espazo onde os usuarios poderán escribir breves textos que desaparecerán ás 24 horas.

    Nada de ligazóns da competencia

    Logo de Mastodon

    Esta fin de semana a conta de Twitter Support publicou un fío no que daba as razóns polas que se suspendera a conta de Mastodon, unha rede social similar a Twitter:

    “Recoñecemos que moitos dos nosos usuarios están activos noutras redes sociais. Non obstante, xa non permitiremos a promoción gratuíta de certas redes sociais en Twitter. Concretamente, eliminaremos as contas creadas co único fin de promocionar outras redes sociais e o contido que inclúa ligazóns ou nomes de usuario para as seguintes redes sociais: Facebook, Instagram, Mastodon, Truth Social, Tribel, Nostr e Post”

    Horas despois, a compañía do paxariño azul recuaba e restablecía a conta de Mastodon e eliminaron o chío, aínda que a Mastodon doulle tempo a contestar tirando de historia:

    “Como empresa do leste de Alemaña sabemos que construir un muro para tratar de evitar que a xente se vaia non é boa idea”

  • “Que cuadrilla de estafadores los follacabras estos”

    “Que cuadrilla de estafadores los follacabras estos”

    Desde que se anunciou que o Arenteiro xogaría a segunda eliminatoria da Copa do Rei contra o Atlético de Madrid, o equipo galego está sufrindo unha campaña de acoso nas redes sociais. Insultos como “follacabras” son empregados polos internautas para referirse ao equipo local.

    A última vaga de insultos comezou co anuncio de aforos e prezos das entradas – 30€ socios e 60€ non socios. As respostas a este tweet van desde un “Que cuadrilla de estafadores… los follacabras estos” a un “Hablan en gallego porque no les da para más”.

    Aínda así, os de Madrid tampouco se libraron da resposta dalgún ao que lle molestou a crítica polo prezo.

  • Madrileña descúbrelle a España que a auga das termas quéntase

    Madrileña descúbrelle a España que a auga das termas quéntase

    Unha das cousas que habituamos a facer cando imos ir a un sitio é mirar as reseñas. E sempre cabe a posibilidade de atoparse con algunha máis que curiosa.

    É o caso dunha sobre as Termas A Chavasqueira (Ourense). A opinión publicouse en TripAdvisor e recolleuna en Twitter a conta Fodechinchos en Galiza (@FodechinchosG). Nela podemos ler como unha madrileña di que lle gustou “que quentaran un pouco a auga” porque “ao estar no norte, isto tería que estar conxelado”.

    Como era de agardar, as reaccións non se fixeron esperar e a xente cuestionou a intelixencia da internauta e tamén se bromeou con como se quenta a auga.

    Tamén houbo quen bromeou coa reseña da Torre de Hércules na que se dicía que había que mirar a forma de quitar a néboa.