Etiqueta: Reino Unido
-

God save the King
Esta mañá celebrouse na abadía de Westminster a coroación de Carlos III como rei de Reino Unido e da Commonwealth.
Camila foi coroada raíña consorte, algo que só se fai coas mulleres.
-
Morre Isabel II aos 96 anos
Esta tarde faleceu a raíña británica Isabel II. Esta mañá a Familia Real anunciaba que se atopaba baixo supervisión médica e toda a familia desprazouse ata o castelo de Balmoral, en Escocia, onde se atopa a soberana británica.
O seu funeral será o sábado 18.
O príncipe Carlos xa é o monarca, baixo o nome de Carlos III. O fillo de Isabel ten 76 anos e mañá desprazaráse a Londres.
O féretro cos restos de Isabel dirixiránse a Londres en tren, na denominada ‘Operación Unicornio’, que forma parte da ‘Operación London Bridge’.
-

Preocupación en Reino Unido: Isabel II baixo “supervisión médica”
- “O país está profundamente preocupado por estas noticias”, asegurou Liz Truss, a Primeira Ministra británica.
- Toda a familia estáse dirixindo a Escocia, onde se atopa a raíña.
Os doutores que atenden á raíña Isabel II mostráronse este xoves “preocupados” polo seu estado de saúde e recomendaron que quede baixo supervisión médica. Nun comunicado, o Pazo de Buckingham informou de que a monarca atópase “cómoda” e continúa no castelo de Balmoral, en Escocia.
O príncipe Carlos e Camila Parker viaxaron inmediatamente ata alí para acompañala. O príncipe Guillermo tamén se trasladou ata a residencia estival e agárdase que vaia chegando o resto da familia.
A recén chegada ao cargo de primeira ministra, Liz Truss, asegurou en Twitter que “todo o país está profundamente preocupado polas novas que chegan desde o Pazo de Buckingham”. “Os meus pensamentos están con súa maxestade e a súa familia nestes intres”, agregou.
Este mércores xa tivo que suspender a reunión do seu Consello Privado alegando motivos de saúde. “Tras unha xornada ocupada este martes, Súa Maxestade aceptou esta tarde a recomendación dos doutores de descansar”, sinalou nun breve comunicado a portavoz da monarca, de 96 anos. A reunión do seu Consello Privado ía ser “reprogramada” e a raíña tiña previsto asistir por videoconferencia.
Ademais, a soberana británica permaneceu na súa residencia veraniega no Castelo de Balmoral (Escocia), en lugar de desparazarse a Londres, para recibir en audiencia á nova xefa do Goberno, debido aos seus problemas de movilidade que arrastra desde hai meses.
“Dío todo”
Para a prensa británica, que a Familia Real non dixera nada dos problemas de saúde de Isabel II nos últimos meses e agora si que o faga “dío todo”.
Ademais, a cerimonia de cambio de garda foi suspendida e a BBC está realizando unha programación especial.

